Skip to Content

Peche da segunda edición Talentos Inclusivos

   

    O 17 de xuño tivo lugar o remate da segunda edición do Proxecto Talentos Inclusivos, proxecto organizado polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña coa finalidade de "espertar as vocacións tecnolóxicas entre a xuventude, á vez que se trata de sensibilizar sobre a diversidade funcional".

  Un grupo de alumnas e alumnos representando ao alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e Tecnoloxía Industrial I presentaron unha botoeira de TV adaptada, un Tetris adaptado e un timbre sen fíos.

  codigocero e elidealgallego fixeronse eco do proxecto.

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

   

    Durante o terceiro trimestre deste curso o alumnado de 3ºESO participou nunha nova edición da “Acción Artística Contemporánea” titulada “Cuidamos a Terra. Queremos Futuro” que culminou cunha exposición dos traballos realizados no Centro Cultural Torrente Ballester.

    Nesta ocasión a temática elixida era o mar, unha cuestión abordada desde moi diferentes perspectivas e que involucrou a un gran número de estudantes e profesorado. Foi así que desde as materias de Cultura Clásica e Lingua Galega foron estudados os mitos e lendas relacionados co mar.

Entrega dos premios do I torneo de xadrez do Club Enroque

   

    Hoxe día 22- 6- 2022, ás 12'10 fíxose entrega, na biblioteca, dos premios do I torneo de xadrez do Club Enroque do IES. Sófía Casanova.

            Os gañadores son:
    1.º- premio. Iago Leandro Burgo Macazaga.
    2.º- premio. Gabriel Vázquez Núñez.

                Parabén ós gañadores!

Proxecto Deportivo de Centro - Recreos Activos. Curso 21-22

        Dentro do proxecto deportivo de centro durante o presente curso 21-22 realizaronse moitas actividades nos recreos activos: Voleibol, Badminton, Fútbol Saá, Paseball, Ultimate, Padel-praia, Datchball, e dentro dos contidos coreográficos fíxose un Flashmob de Tanxugueiras e o nosos xa mítico Just-Dance dos recreos dos venres.

Bolsas de axuda ó alumnado de bacharelato e con necesidades específicas de apoio educativo 2022

 

     Ata o 30 de setembro de 2022 permanece aberto o prazo para solicitar bolsas de axuda e subsidios destinados aos alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o próximo curso 2022-2023, dirixida a quen presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, ao alumnado con trastorno do espectro autista e aos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
    Están destinadas a alumnos cursando ESO ou Bacharelato, entre outros niveis educativos.

Datas matrícula para o curso 2022-23

x luns martes  mércores  
    xoves  
 venres 
sábado domingo      ▪ Os sobres de matrícula recóllense en Conserxería.

u

20 21 22 23 24 25 26      ▪ O horario de oficina para  formalizar   a matrícula
  é de 9:00 a 13:00 horas.

ñ

o

27 28
ABAU e

Colexios
Esteiro e
Ponzos

29
Colexio
Recimil

e 1ºESO

30
1ºBach
1
1ºBach
novo
ingreso
2 3

 x

u

 

  ▪ Seguro escolar: O importe do mesmo é de 1,12 € e procederase ó seu abono en secretaría no momento de formalizar a matrícula. Prégase traer o importe exacto,
Os alumnos de 1º e 2º de ESO non pagan seguro.

  4
2ºBach
5
4ºESO
6
3ºESO
7
2ºESO
8 9 10

ll

o

 

 Ver en pdf

  11 12 13 14 15 16 17

 

  Prégase respeten o día asignado para cada curso. 

Exames xuño 2022

      
 
     

Video Graduación 2º Bacharelato 2022

   

    Outro ano mais presenciamos una fantástica gala de Graduación dos nosos rapaces de 2º Bach.
    Moi interesantese emotivas intervencións nunha atmósfera de moita elegancia.

    Sentimos non poder albergar a tódolos familiares que quixeron asistir.
             Video do acto.

Distribuir contido


by Dr. Radut