Aproveitamentos forestais
Colaboración coa Oficina Rural de Mondoñedo
Enviado por jcarlosgb o Ven, 20/10/2023 - 15:21
O noso centro colaborou entre o 25 e o 27 de setembro coa Oficina Rural Agraria de Mondoñedo cedendo as instalacións da Granxa para a realización do seu "Curso de Iniciación á Apicultura". Esta acción formativa de 20h estivo destinada a persoas relacionadas con este sector produtivo ou con interese de incorporación ao mesmo, especialmente no caso de mozas e mozos que, durante tres días, puideron asomarse á actualidade deste tipo de aproveitamento do medio natural. |
|
|||
Accede ó noso blog
Enviado por pedro o Mér, 02/05/2012 - 06:29Accede a máis información a través do
Dúas alumnas do IES San Rosendo gañadoras do primeiro e segundo premio de secundaria no concurso de debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso
Enviado por Admin o Mar, 15/02/2022 - 06:08O concurso de redacción e debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso, xa coñece aos seus premiados. O certame estaba aberto a estudantes de educación primaria e secundaria de toda a provincia de Lugo e contou cun xurado composto pola xefa de cultura da delegación territorial da Xunta, María José Gómez; o director da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Ramón Cabarcos; e o redactor e xornalista do Progreso Javier Rivera.
Na categoría de secundaria resultou gañadora a creación de Paula Castro Castillo, alumna de cuarto de ESO no instituto San Rosendo de Mondoñedo. O segundo posto foi para a estudante de primeiro de ESO Andrea García Díaz, tamén do IES San Rosendo; e o terceiro premio levoulno Yanira Rodríguez Vázquez, que estuda terceiro diso no colexio dos Escolapios de Monforte.