Os alumnos de primeiro gañan o premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO
Enviado por Admin o Xov, 11/04/2024 - 07:44
Entrega dos galardóns Otero Pedrayo. Foto. Xesús Fariñas publicada en Premio aos escolares de Ourense na honra de Otero Pedrayo (laregion.es)
Un videoxogo realizado con scratch polo alumnado de 1º de ESO do IES San Rosendo de Mondoñedo titulado “Galeguízate con Otero” resultou gañador do premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato 2023/2024, na categoría de ESO. O xurado destacou o “excelente traballo coas novas tecnoloxías para difundir a vida e obra de Otero Pedrayo e animar á población a coñecer a Casa Grande de Cima de Vila”. O premio foi entregado o mércores 10 de abril de 2024 na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba.
Sementando a memoria de Otero Pedrayo nas novas xeracións (lavozdegalicia.es)
CAFETERÍA DO CENTRO
Enviado por jcarlosgb o Mér, 10/04/2024 - 11:31Informamos da publicación na Plataforma de Contratos de Galicia e no SILEX (ferramenta electrónica), a licitación de cafeterías de 33 centros educativos da provincia de Lugo, entre eles o noso, para os cursos 2024/2025-2025/2026 e posible prórroga 2026/2027-2027/2028.
Consulta da licitación en SILEX:
Referencia: LU 1/2024 CSCAFETERIASCP
Lote: 18
O prazo de presentación de ofertas remata o día 30 de abril de 2024.
Día da Artesanía
Enviado por jcarlosgb o Lun, 01/04/2024 - 18:00
Hoxe celebramos os Días Europeos da Artesanía con talleres de alfarería, fiado e estampación. Ao longo de toda a xornada, o alumnado do centro puido coñecer o traballo e os proxectos desta representación da artesanía de Mondoñedo, que tivo a ben trasladarse por un día ás nosas aulas: Esquina Atlántica, Miratú Artesanías e Estudio Estampa. Moitas grazas a todos pola vosa visita!
|
|||
OPERACIÓN KILO 2024
Enviado por Admin o Mér, 13/03/2024 - 06:21
OPERACIÓN KILO 2024 (Recollida de alimentos)
Coma todos os anos desde o Departamento de Relixión estamos a xuntar produtos non perecederos para donar ao Banco de alimentos de A Mariña (botes de legumes, latas de conservas, material de hixiene, galletas, leite,..). A caixa está na entrada do Instituto.
Recollemos os alimentos ata o 15 de abril.
Confiamos na vosa xenerosidade e superar os 30 quilos do ano pasado.
Grazas a todxs!!!.
Un pouco fai moito, colabora!!!!!!!
Obradoiro de ramos de noiva
Enviado por jcarlosgb o Xov, 07/03/2024 - 19:00Coincidindo co día da Muller, o alumnado de 2º FPB recibiu unha masterclass de ramos de noiva a cargo de Floradeira.
Noraboa polo traballo!
|
|
|
Acreditación de competencias dixitais do alumnado
Enviado por jcarlosgb o Xov, 07/03/2024 - 11:13Informamos que o alumnado de 4º ESO e de 2º BAC poderá acreditar a súa competencia dixital nun nivel intermedio segundo o Marco Galego de Competencias Dixitais (MGCD) realizando unha proba no propio centro educativo, conforme a Resolución do 28 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que se adxunta.
Na páxina
https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
pode accederse a unha demo de como serían as probas de certificación dixital do alumnado.
O alumnado de 4º ESO faría unha proba completa do nivel intermedio no mes de maio nunha data por determinar, mentres que o alumnado de 2º BAC só faría a parte correspondente á área 4 (Seguridade e Privacidade) nunha proba no mes de abril nunha data por determinar.
O alumnado interesado deberá entregar na oficina de Administración do centro o anexo IV da resolución debidamente cuberto.
Prazo: ata o 15 de marzo.
Proxecto CANSAT
Enviado por jcarlosgb o Dom, 03/03/2024 - 19:00
Durante este curso decidimos participar no concurso do lanzamendo dun cansat organizado polo grupo ESERO España. Aquí en Galicia estamos asesorados polo equipo do CAFI que nos van dando os pasos. Trátase de lanzar un satélite do tamaño da lata dun refresco e nel deben ir diferentes sensores que cubran a misión primaria e idear una misión secundaria do satélite. Participamos un grupo de 6 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e ocupámonos da programación dos sensores e receptores pero tamén de deseñar e coser un paracaídas para recuperar san e salvo o satélite e difundir a través de podcast todo o traballo así como buscar financión privada dado que non nos proporcionan financiación e é algo que tamén teñen en conta á hora de puntuar. Aquí estamos o equipo ao completo no noso espacio de polos creativos donde levamos a cabo case todas as misións.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »