Decoración Campeonato de Baristas - Foz 2024

O noso alumnado de 2º FPB colaborou no Campionato de Baristas do IES de Foz decorando as mesas do certame.

Baixo as directrices da súa profesora Pilar Gutiérrez elaboraron as creacións tan elaboradas que podedes ver aquí nesta galería.

 

 

Feliz Día de Rosalía

Charla deportados

Hoxe tivo lugar no salón de actos do centro unha charla impartida polos investigadores da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) Paulo Grandío e Miguel Freire sobre o Proxecto “Stolen Memory” (Memoria Roubada), patrocinado  polos “Arquivos  Arolsen”, que comezou a súa andaina no 2023 por iniciativa de profesorado e alumnado do IES Galileo Galilei de Navia, no occidente de Asturias, e que, dende o luns 19 de febreiro está exposto en paneis nos corredores do centro.

A charla versou sobre o obxecto desta exposición, que de trata de divulgar a busca de familiares de deportados nos campos de concentración nazis  para a devolución dos obxectos persoais que lles foran incautados nos mesmos. Fíxose mención da investigación levada a cabo pola  ARMH de Lugo  para recuperar a memoria dos 39 deportados da provincia de Lugo, dos cales, os 4 da comarca da Mariña están incorporados coas súa reseñas na exposición xunto cos cinco deportados Eo-Naviegos. Como remate, Paulo Grandío expuxo o proceso, tanto  de investigación para a busca de información, como para a localización de familiares dos deportados, co obxectivo de facelos partícipes da xusta dignificación que merecen estas vítimas da barbarie nazi.

 

Gañadora do concurso "O Peixe é Saúde"

 

A nosa noraboa á excelente debuxante de 4º ESO,

Xulia Vigo Vázquez

gañadora do primeiro premio no Concurso de Debuxo "O Peixe é Saúde", convocado polo xornal El Progreso e a Consellería do Mar.

Excursión á neve

O alumnado de 3º ESO disfruta esta semana dunha actividade de introdución ao esquí en Andorra. Agardamos que aprendan moito e, sobre todo, sexa unha bonita experiencia para o recordo.

 

Ver fotos

Exposición Educación en Feminino

Desde hai dúas semanas os corredores do  noso instituto acollen a exposición EDUCACIÓN EN FEMININO: UN PASEO POLA HISTORIA.  

Unha serie de carteis nos que se recollen as vivencias de varias ducias de educadoras e  pedagogas que deixaron pegada na historia da Pedagoxía , pero que non aparecen nos libros de texto. Trátase dun traballo feito polo alumnado da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e que veu presentar ao centro a nosa ex-alumna María Vigo, autora dun dos pósters. A exposición está aberta ás familias e pode ser visitada en horario lectivo ata o próximo 7 de febreiro incluído.

Presentación do libro "Flores de primavera do Valadouro"

Hoxe pasou polo centro Pedro Rolle, ex-alumno do noso centro, a presentarnos o seu libro "Flores de primavera do Valadouro", acompañado de Carlos Cornide, que levou a cabo a parte fotográfica do mesmo. 

O alumnado de Ciclos tomou boa nota do proceso de elaboración do libro así como dos resultados que este nos ensina.

Noraboa polo traballo!

 

Saída á Coruña

O alumnado de 1º ESO viaxou o martes á Coruña para visitar o MUNCYT e o Aquarium Finisterrae. Na primeira visita realizaron un obradoiro de electricidade e fixeron unha visita guiada do museo. Despois de xantar deron un paseo dende a torre de Hércules ao acuario. Xa alí asistiron a unha pequena charla na sala Nautilus e visitaron as distintas zonas do museo científico. Remataron a visita vendo como alimentaban ás focas nas piscinas exteriores. Foi unha experiencia positiva e divertida que o alumnado desfrutou moito.

 

Distribuir contido