Semana das Froitas Frescas

 

Este ano o centro volve participar no programa de reparto de froitas frescas e leite do FOGGA.

Esta semana do 6 de febreiro e a seguinte serán as primeiras das froitas e poderemos saborear as seguintes:

Bo proveito!!

Visita a Santiago de Compostela dos alumnos de Bacharelato

O pasado xoves 2 de febreiro os alumnos de 1º e 2º de BAC visitaron Santiago de Compostela para coñecer a Universidade e de paso visitar a cidade.

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

 

Xa está aberto o prazo para solicitar a reserva de praza no centro adscrito para o alumnado que cambia de etapa educativa.

  • O prazo de solicitude para a reserva de praza abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro, ambos incluídos.
  • A publicación da listaxe do alumnado con posto reservado será o 22 de febreiro.
  • A solicitude deberá realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso, ou ben a través da aplicación admisiónalumnado. A publicación dos postos vacantes será antes do 1 de marzo.
  • O prazo de presentación de solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

 De conformidade co artigo 5.2. f) 2º, indícase que:


“O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.En todo caso, a solicitude de reserva será única para cada alumno/a e terá carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.”
 
O procedemento de admisión do alumnado nos centros públicos regúlase tanto polo Decreto 13/2022, como pola Orde do 21 de outubro de 2022 que o desenvolve. Pódense consultar nas seguintes ligazóns:

Para a realización da solicitude de xeito electrónico existe unha guía dirixida á correcta elaboración da solicitude, que pode descargarse no anexo a esta entrada.

Eleccións ao Consello Escolar - proclamación provisional de candidaturas

Infórmase para xeral coñecemento que as listaxes provisionais de candidaturas ao Consello Escolar foron publicadas no taboleiro de anuncios do centro. Os días 15 e 16 poderán facerse as reclamacións contra as mesmas.

Eleccións ao Consello Escolar

 

Animamos a toda a comunidade educativa a presentar candidatura a representantes no Consello Escolar para poder lograr a maior representatividade posible de cada sector, sendo unha forma máis de participación na organización do centro.

O prazo remata o venres 11 e para presentar candidatura só hai que asinar o documento ao respecto na Secretaría do centro.

Aviso

Aquelas persoas que recibiron o vale de 50 euros para material por parte da Consellería de Educación, teñen dispoñible unha ampliación deste vale de material* por 25 euros máis. Esta ampliación estará dispoñible en Conserxería.

 

*Este vale deberá empregarse na libraría/establecemento preferentemente antes do 1 de decembro de 2022.

Fotografarte II Concurso de Fotografía

That's English

Distribuir contido