O IES San Rosendo gañou un dos premios dos Polos Creativos da Xunta

O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, gañou na categoría de Secundaria na provincia de Lugo o Premio ao Mellor recurso de comunicación cultural/social, con un traballo feito polo alumnado de 1º da ESO. Este traballo pon en valor a cultura tradicional e a comunicación interxeracional coa recreación de xogos tradicionais empregando material de refugallo.

Probas libres Ciclos Formativos 22-23

Adxuntamos calendario de exames das probas libres de Ciclos Formativos (con asterisco figuran as probas prácticas). Tamén se achegan as diferentes programacións dos módulos con alumnado matriculado.

Haberá unha xornada de acollemento o día 5 de xuño ás 12:30 onde se darán todas as indicacións necesarias, resolvendo todas as dúbidas que puidesen xurdir.

 

 

Certificados de nivel de inglés

 

Máis de 40 estudantes de 4º ESO e BAC participaron nas probas convocadas pola Xunta de Galicia para certificar o seu nivel de inglés .

A maioría obtiveron os certificados de nivel B1, B2 ou C1 de inglés polo Trinity College London, que será con seguridade moi útil para o seu futuro.

 Congratulations to them all!!

Premios extraordinarios de Bacharelato

Repetición do sorteo da cesta da excursión de Francia

Non habendo aínda persoa gañadora da cesta, decidimos volver a sorteala, a través novamente do sorteo da ONCE do vindeiro domingo 7 de maio. Resultará gañadora a persoa que teña o seu número coincidente coas tres últimas cifras do sorteo. De non saír gañador, seguiremos recurrindo día a día ao sorteo correspondente da ONCE ata a entrega da cesta.

Probas libres de Ciclos Formativos - 2022/23

Máis información en Ciclosadmision

 

 

Aberto o prazo para solicitar bolsas de estudos para bacharelato e Ciclos Formaativos de FP.

 

 

 

 

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas postobrigatorias: 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas


O prazo remata o día 17 de maio

Distribuir contido