Magosto 2023

 

Coma todos os anos este mes de novembro celebramos o Magosto degustando castañas asadas e compartindo

uns bos momentos de compañeirismo e convivencia.

Visita a unha base de helicópteros

O noso alumnado de CS Xestión Forestal e de CM de Aproveitamentos Forestais visitou a base de helicópteros de Marroxo en Monforte de Lemos para coñecer de primeira man esta parte do traballo das brigadas forestais na súa loita contra os incendios no medio natural.

     

Traballos de Samaín e Santos - 2º FPB

Noraboa polo voso traballo! Seguide traballando e aprendendo así de ben.

 

Visita ao Courel

Os días 24 e 25 de outubro o alumnado do CS de Xestión Forestal e do Medio Natural tiveron ocasión de visitar o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra - Xeoparque Montañas do Courel, acompañados polos profesores Alba Vázquez e Miguel Freire.

 

No centro de interpretación fixéronlles unha introdución dos valores naturais do parque e a súa xestión. Seguindo varios roteiros descubriron a Aciñeira Centenaria inscrita no Catálogo de Árbores Senlleiras, e tamén o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós declarado Monumento Natural. Deu tempo tamén a visitar plantacións de oliveiras e as instalacións da empresa Aceiroga, dedicada á produción de aceite dentro do Parque. Ao día seguinte realizaron un roteiro por unha zona asolada por incendios forestais, oíndo a testemuña directa da veciñanza que participou na defensa das aldeas e a extincion do lume e visualizando os efectos dos métodos utilizados para a protección do solo e a recuperación da vexetación ao longo dun ano.

 

 

 

Colaboración coa Oficina Rural de Mondoñedo

 

 

O noso centro colaborou entre o 25 e o 27 de setembro coa Oficina Rural Agraria de Mondoñedo cedendo as instalacións da Granxa para a realización do seu "Curso de Iniciación á Apicultura".

Esta acción formativa de 20h estivo destinada a persoas relacionadas con este sector produtivo ou con interese de incorporación ao mesmo, especialmente no caso de mozas e mozos que, durante tres días, puideron asomarse á actualidade deste tipo de aproveitamento do medio natural.

 

 

 

Xornada de emprendemento da Faba de Lourenzá

Xornada emprendemento Faba de Lourenzá   O alumnado de 1º CS de Xestión Forestal do IES San Rosendo de Mondoñedo participou na xornada "Emprender innovando na faba de Lourenzá", organizada dende o Polo de emprendemento da Mariña na que se trataron temas como o estado actual do sector da faba, a necesidade dun incremento da profesionalidade e de aproveitamento da IXP e o fomento do cooperativismo; buscando e identificando novas oportunidades de negocio no sector.  Actividade relacionada co módulo formativo do ciclo "Empresa e iniciativa emprendedora" que resultou moi interesante e proveitosa.
   

Horarios That's English

Diplomas DELF

DELF escolar

Hoxe recibimos os diplomas do alumnado certificado en francés o curso pasado. Noraboa!

Distribuir contido