Charla deportados
Enviado por jcarlosgb o Mér, 21/02/2024 - 20:00
Hoxe tivo lugar no salón de actos do centro unha charla impartida polos investigadores da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) Paulo Grandío e Miguel Freire sobre o Proxecto “Stolen Memory” (Memoria Roubada), patrocinado polos “Arquivos Arolsen”, que comezou a súa andaina no 2023 por iniciativa de profesorado e alumnado do IES Galileo Galilei de Navia, no occidente de Asturias, e que, dende o luns 19 de febreiro está exposto en paneis nos corredores do centro. A charla versou sobre o obxecto desta exposición, que de trata de divulgar a busca de familiares de deportados nos campos de concentración nazis para a devolución dos obxectos persoais que lles foran incautados nos mesmos. Fíxose mención da investigación levada a cabo pola ARMH de Lugo para recuperar a memoria dos 39 deportados da provincia de Lugo, dos cales, os 4 da comarca da Mariña están incorporados coas súa reseñas na exposición xunto cos cinco deportados Eo-Naviegos. Como remate, Paulo Grandío expuxo o proceso, tanto de investigación para a busca de información, como para a localización de familiares dos deportados, co obxectivo de facelos partícipes da xusta dignificación que merecen estas vítimas da barbarie nazi. |
Gañadora do concurso "O Peixe é Saúde"
Enviado por jcarlosgb o Xov, 01/02/2024 - 20:00
A nosa noraboa á excelente debuxante de 4º ESO, Xulia Vigo Vázquez gañadora do primeiro premio no Concurso de Debuxo "O Peixe é Saúde", convocado polo xornal El Progreso e a Consellería do Mar. |
Excursión á neve
Enviado por jcarlosgb o Xov, 01/02/2024 - 07:45O alumnado de 3º ESO disfruta esta semana dunha actividade de introdución ao esquí en Andorra. Agardamos que aprendan moito e, sobre todo, sexa unha bonita experiencia para o recordo. |
Exposición Educación en Feminino
Enviado por jcarlosgb o Mér, 31/01/2024 - 20:00
Desde hai dúas semanas os corredores do noso instituto acollen a exposición EDUCACIÓN EN FEMININO: UN PASEO POLA HISTORIA. Unha serie de carteis nos que se recollen as vivencias de varias ducias de educadoras e pedagogas que deixaron pegada na historia da Pedagoxía , pero que non aparecen nos libros de texto. Trátase dun traballo feito polo alumnado da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e que veu presentar ao centro a nosa ex-alumna María Vigo, autora dun dos pósters. A exposición está aberta ás familias e pode ser visitada en horario lectivo ata o próximo 7 de febreiro incluído. |
|
Presentación do libro "Flores de primavera do Valadouro"
Enviado por jcarlosgb o Lun, 22/01/2024 - 20:00
Hoxe pasou polo centro Pedro Rolle, ex-alumno do noso centro, a presentarnos o seu libro "Flores de primavera do Valadouro", acompañado de Carlos Cornide, que levou a cabo a parte fotográfica do mesmo. O alumnado de Ciclos tomou boa nota do proceso de elaboración do libro así como dos resultados que este nos ensina. Noraboa polo traballo!
|
|
Saída á Coruña
Enviado por jcarlosgb o Lun, 22/01/2024 - 20:00
O alumnado de 1º ESO viaxou o martes á Coruña para visitar o MUNCYT e o Aquarium Finisterrae. Na primeira visita realizaron un obradoiro de electricidade e fixeron unha visita guiada do museo. Despois de xantar deron un paseo dende a torre de Hércules ao acuario. Xa alí asistiron a unha pequena charla na sala Nautilus e visitaron as distintas zonas do museo científico. Remataron a visita vendo como alimentaban ás focas nas piscinas exteriores. Foi unha experiencia positiva e divertida que o alumnado desfrutou moito.
|
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »