Saída á Coruña
O alumnado de 1º ESO viaxou o martes á Coruña para visitar o MUNCYT e o Aquarium Finisterrae. Na primeira visita realizaron un obradoiro de electricidade e fixeron unha visita guiada do museo. Despois de xantar deron un paseo dende a torre de Hércules ao acuario. Xa alí asistiron a unha pequena charla na sala Nautilus e visitaron as distintas zonas do museo científico. Remataron a visita vendo como alimentaban ás focas nas piscinas exteriores. Foi unha experiencia positiva e divertida que o alumnado desfrutou moito.
|
|