Calendario exames DUAL setembro 2022

Publícase o calendario de exames de setembro para os ciclos con modalidade dual.

Vales de material

Están dispoñibles os VALES para adquirir MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso 2022-2023. O alumnado solicitante de axudas para adquirir material escolar que se matriculou no periodo ordinario (xuño-xullo) e devolveu todos os libros que tiña en préstamo do curso 2021-2022 pode recoller os vales na conserxería do centro de 9:30 a 14:30 horas. Recoméndase chamar antes ao centro para consultar o estado da solicitude.

 

 

Todas as alumnas de 1°de BAC aprobaron o exame do DELF (Diploma de estudios en lingua francesa) B1

As alumnas de 1°de BAC presentáronse ao exame do DELF (Diploma de estudios en lingua francesa)  B1 de francés no mes de abril e onte recibiron os resultados, 100% de aprobados. Parabéns Alba, Aldara, Cecilia, Claudia, Laura e Nerea. É o primeira vez que se presentan no instituto a estas probas e estamos moi orgullos@s delas e do seu esforzo. Para o ano seguiremos traballando para alcanzar cos alumnos o B1e o B2.

Bon été à tous/toutes ! 

O alumnado do IES San Rosendo foi premiado no concurso "Atrévete a ter unha idea"

Publicada a relación do alumnado premiado no concurso "Atrévete a ter unha idea" 2021-2022.

 

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e cursos de especialización para o curso 2022/23

Publicados os calendarios de admisión para réxime ordinario e réxime das persoas adultas, para FP dual e para cursos de especialización.

Máis información:

Chaymaa Amernis, alumna do IES San Rosendo, gañadora do concurso de microrrelatos convocado pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil e o diario El Progreso.

No concurso de microrrelatos convocado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o diario El Progreso Chaymaa Amernis Talhimt, de 14 años, que estuda no IES San Rosendo de Mondoñedo, resultou gañadora co primeiro premio entre os alumnos da ESO. Chaymaa Amernis escribiu sobre a auga contaminada dun pobo de Nova Delhi. Este é o seu relato:

Distribuir contido