Impresos de Matrícula (ESO e BACHARELATO). Curso 2024-25

Fin de curso 2023-24

FIN DE CURSO

O curso rematará o venres 21 de xuño ás 15:00.

 

ENTREGA DE NOTAS:

A entrega de notas será o mércores 26 de xuño ás 10:00h.

 

PERIODO DE RECLAMACIÓNS:

O periodo de reclamacións comprenderá os días 26 e 27 de xuño.

 

ORDENADORES E-DIXGAL:

O alumnado que no próximo curso 2024/25 non vaia permanecer no centro nun grupo E-Dixgal deberá entregar os seus equipos en perfectas condicións e cos seus correspondentes accesorios: maletín, cargador, e, dependendo do modelo, lapis do equipo. 

    • Os alumnos/as de 4º ESO A e PDC o día 25 das 10:00 ás 14:00.
    • Os alumnos/as de 4º ESO B o día 26 das 10:00 ás 14:00.

En cambio, o alumnado  que continúe no proxecto E-Dixgal, poderá dispoñer do equipo durante o período estival.

 

PERIODO DE MATRÍCULA

O periodo de matrícula abarcará do mércores 26 de xuño ata o 8 de xullo, incluído.

O Son da Paula 2023-24

InnovaTechFP

O pasado venres o noso equipo de InnovatechFP, co profesor Óscar Engroba en cabeza, explicou e defendeu como un dos tres finalistas do programa a súa solución ao reto proposto por FINSA.

Hoxe, martes, asistimos á gala final pero faltou un pouquiño para levar o premio. Aínda así estamos orgullosos no centro da valentía demostrada ao decidir participar nun programa desta complexidade e competindo cos centros máis grandes de FP.

Noraboa!

 

 

 

 

 

 

Coñece a nosa miniempresa: Arte Floral San Rosendo

As profesoras Pilar Gutiérrez Ovín e Alba Vázquez Lema elaboraron este precioso vídeo que vos deixamos a continuación:

Calendario de probas finais de 1º BAC

Espeleoloxía

Nesta páxina iremos informando da organización do novo ciclo medio de Espeleoloxía, que se está tramitando para o seu inicio no vindeiro curso.

 

Probas prácticas de acceso ao ciclo:

           Prazo para anotarse para a realización das probas: ata o día 26 de xuño

           Data das probas: 15 de xullo de 2024.    Lugar: IES Plurilingüe San Rosendo

Contidos do ciclo:

Guía básica de ensinanzas deportivas:

Xornada de Portas Abertas - Finca A Granxa

Distribuir contido