InnovaTechFP

O pasado venres o noso equipo de InnovatechFP, co profesor Óscar Engroba en cabeza, explicou e defendeu como un dos tres finalistas do programa a súa solución ao reto proposto por FINSA.

Hoxe, martes, asistimos á gala final pero faltou un pouquiño para levar o premio. Aínda así estamos orgullosos no centro da valentía demostrada ao decidir participar nun programa desta complexidade e competindo cos centros máis grandes de FP.

Noraboa!