Curso 2023/24
Todos os cursos. Magosto
13.11.2023
O luns 13 de novembro de 2023 celebramos o Magosto no IES Río Cabe no recreo (diúrno e nocturno) con bolos preñados, bica e cholote quente!
DIÚRNO:
NOCTURNO:
Pica AQUÍ para ver a galería de fotos
2º ESO. Museo de Lugo e Lucus Aventur (parque multiaventura). Lugo
07.11.2023
Hoxe foi un día excepcional para os alumnos de 2º ESO e os seus cinco docentes: Pablo Álvarez, Sara Porrit, Marcos López, Rocío López e Laura Rodríguez.
Partimos pola mañá cara ao Museo de Lugo, pero esta visita foi diferente ao que estamos acostumados. En lugar dun percorrido tradicional, exploramos as diversas salas do museo a través dos capítulos do libro "Contos de fantasmas no museo". Foi unha experiencia enriquecedora que permitiu ao noso estudantado coñecer moitas obras de arte de maneira única. Tras esta visita, o alumnado tivo tempo libre para pasear pola histórica muralla de Lugo.
Ao mediodía, dirixímonos ao parque multiaventura Lucus Adventure. Alí, aproveitamos para comer nese entorno natural uns bocadillos e froita proporcionada polo centro. Cheos de enerxía, continuamos cunha xornada de deporte e aventura: varios circuítos con tirolinas e un campionato de minigolf.
Foi un día marabilloso cheo de diversión, aprendizaxe e vínculos entre compañeiros e compañeiras. Todos esperamos con ansia a próxima oportunidade para repetir esta emocionante experiencia. Grazas a todos os estudantes, docentes e persoal que fixeron posible este día inesquecible.
Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.
Todos os cursos. Festa do Samaín
03.11.2023
Coma todos o anos, dende o IES Río Cabe festexamos o Samaín e para iso, en colaboración coa Biblioteca do instituto e coa profesora Flor, decidimos que a temática deste ano sería "Día de Mortos en México". Foi todo un éxito!
As actividades propostas para ese día foron, á parte dos disfraces, unha actuación musical da man da nosa alumna Ariadna de 2º Bacharelato acompañada do profesor Xurxo, ambos os dous amenizáronnos interpretando a canción "La llorona" de Chavela Vargas.
A continuación, o alumnado de 1º ESO e 2º Bacharelato visualizaron unhas curtas de medo na Biblioteca, cómpre destacar que unha delas está protoganizada por alumnas do IES e gravada no centro. Terrorificamente espectaculares!
Moitas grazas a todas e a todos por colaborar e ata a próxima festa!
Pica AQUÍ para ver a galería de imaxes.
IES Río Cabe. Decoración de aulas Samaín
Outubro 2023
No IES Río Cabe estamos inmersos na semana do Samaín e para iso o alumnado decorou a súa aula de acordo con esta festividade, este ano a temática é Día de Mortos en México.
Temos no IES Río Cabe grandes artistas!
Pica AQUI para ver a galería de fotos das aulas decoradas.
Bo Samaín!
IES Río Cabe. Despedida das profesoras Eva e Consuelo
31.10.2023
O 31 de outubro de 2023 antigo e actual profesorado do IES Río Cabe reuniuse para despedir do noso centro a dúas docentes que marchan del: Eva (profesora de Música) e Consuelo (Orientadora). No restaurante Manuel Bistró de Monforte de Lemos, riocabenses reunímonos para desexarlles moita sorte na nova etapa que comezan a dúas grandes profesionais que pasaron no centro case 20 anos.
Isto non é un adeus é un ata a próxima.
Moitas grazas por todos os momentos compartidos, Eva e Consuelo!
Xa formades parte da gran familia riocabense.
Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.
Alumna do IES Río Cabe 3ª Clasificada no IX Concurso Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
O pasado sábado 29 de outubro de 2023 no Parador de Monforte de Lemos a alumna Noelia Rodríguez do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turística do IES Río Cabe acadou o terceiro premio do IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, valorado en 4000 euros.
O seu proxecto chámase Bikarte e consiste nunha empresa de alugueiro de bicicletas con servizo de visitas guiadas a través dunha App que nos permite coñecer roteiros diferentes con contido cultural, patrimonial, artístico e natural.
Bikarte pretende posicionarse no mercado de Turismo Activo a nivel nacional e internacional e ser un referente de empresa sostible e responsable co medio ambiente na Ribeira Sacra respondendo á necesidade de mobilidade alternativa ó transporte motorizado tradicional.
O proxecto de Noelia estase convertendo en realidade, grazas á campaña de divulgación que a Asociación Semente de Monforte desenvolve nos Institutos de secundaria e nas universidades galegas. A asociación vai celebrar unha década incentivando proxectos empresariais para dinamizar e innovar no medio rural. Co Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, a asociación, que engloba a Universidades, Empresas, Administracións e particulares, quere axudar a emprender esas ideas innovadoras que poden mellorar a nosa calidade de vida.
Parabéns a Noelia Rodriguez, ó alumnado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turística do IES Río Cabe, as súas profesoras e a Asociación Semente Ribeira Sacra polo traballo realizado.
Máis información do Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra en:
- APIs de Blogue
- Calendario
Únete aos recreo activos
Dende o IES Río Cabe en colaboración co Departamento de Educación Física póñense en marcha os recreos activos con voleibol e retos de calistenia.
Distribución semanal:
Voleibol: martes e xoves
Retos de calistenia: venres
Inscricións: na conserxería ata o 3 de novembro
Recordade que todos os equipos deberán presentarse no pavillón o 6 de novembro ás 11:15 h.
Animádevos e recordade: mens sana in corpore sano!
4º ESO - 1º Bacharelato. Por un mundo en paz
26.10.2023
O 26 de outubro o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, coa axuda das súas profesoras Anuncia López e Nuria Mariño, elaborou unha serie de pancartas en varios idiomas: galego, ucraíno, castelán... en apoio á paz do mundo e ao respeto dos pobos.
Vaia dende aquí o noso pequeno xesto solidario coa esperanza de que os conflitos que a día de hoxe seguen activos cesen para poder vivir nun mundo libre e sen guerras.
4º ESO. Relatorio "Charlas- coloquio sobre o Parlamento de Galicia"
25.10.2023
Dentro do programa "Charlas-coloquio sobre o Parlamento de Galicia" o 25 de outubro o alumnado do IES Río Cabe de 4º ESO recibiu ás exdeputadas Julia Rodríguez Barreira (PP) e María Xosé Vega Buxán (BNG) -exalumnas do noso centro educativo- xunto co exdeputado Miguel Ángel Fernández López (PSdG).
Presentados pola profesora Pilar López e moderando o relatorio a profesora Ana Otero, os tres exmembros do Parlamento de Galicia fixeron cadansúa presentación sobre o traballo que se desenvolve no Parlamento e o labor que o seu grupo político levou a cabo durante o seu período como deputadas.
O alumnado fíxolle preguntas do máis interesantes e variadas sobre a institución representativa do pobo galego que os tres responderon amplamente.
Dende o IES Río Cabe queremos agradecer a súa visita e felicitar ao Parlamento de Galicia pola grande importancia deste tipo de actividades que mostran e espallan os valores da democracia entre a xente moza.
Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.
1º ESO. Xornada Micolóxica con Lactouros
23.10.2023
Nesta primeira xornada micolóxica do Río Cabe o alumnado de 1º ESO, acompañado das súas profesoras Raquel Seoane e Nuria Mariño, foi testemuña da grande exuberancia dos montes da bisbarra monfortina.
A asociación micolóxica da propia vila, os Lactouros, foi a encargada de impartir unha breve formación e de acompañarnos na saída de campo que tivo lugar en Bóveda ao longo da mañá deste pasado 23 de outubro. Mais non só iso, senón que tamén fixemos partícipe dos nosos achados a toda a comunidade educativa a través da exposición que dispuxemos na entrada, na que se poden ver as diferentes especies cos seus respectivos nomes científicos, así coma unha recollida da gran diversidade de nomes existentes para referirse aos cogomelos, cantigas e refráns asiciados aos mesmos, et. na que, por certo, debedes participar!
Moitas foron as especies das que recollemos exemplares, dende amanitas ata linguas de vaca, e malia non termos atopado os ben apreciados boletos ou níscalos, prometemos volver ao monte na súa procura porque, agora si, somos quen de identificalos grazas aos nosos novos amigos de Lactouros.
Pica AQUÍ para ver a galería de fotos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »