Skip to Content

Curso 2015-2016

Curso 2015-2016

San Xoán Bosco 2016 - finais das competicións deportivas

Campións de San Xoán Bosco 2016. Parabéns rapaces!!!!
 

 Seguir lendo e ver a reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando....

Entroido 2016

Accede á completa reportaxe fotográfica colgada en Facebook e no blogue de Perdourando.

Viaxe a Ferrol - Teatro de Lope de Vega e urbanismo de Ferrol

O mércores 27 de xaneiro, os alumnos de 1º Bacharelato asistiron pola mañá, acompañados das profesoras do Depatamento de Lingua castelá, á representación teatral La dama boba de Lope de Vega en Ferrol. Pola tarde, fixeron unha visita guiada polo historiador de Ferrol, Justino Fernández Negral, que lles explicou, de maneira amena e moi práctica, o urbanismo e o Modernismo da cidade de Ferrol.
 

O Conselleiro de Cultura e Educación visita o IES Perdouro

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou as instalacións do IES Perdouro asi como a nova ampliación do centro educativo para responder ás necesidades da FP básica.

Educación licitou en xuño a obra do novo edificio, anunciando un orzamento de 420.000 euros, para edificar 344 metros cuadrados. Finalmente a actuación, cuxo importe final de adxudicación foi de 353.916 euros, responde así mesmo á demanda de novos espazos a raíz da implantación da FP Básica. En concreto, instalouse un taller da familia profesional de Fabricación Mecánica no lugar onde antes estaban as aulas de electrónica e tecnoloxía, que pasaron a localizarse no novo volume de planta baixa. O semisoto deste novo volume queda agora como un espazo diáfano, que nun futuro podería utilizarse como aulas e almacén, en función das necesidades. (Foto: Pepa Losada)

Ver nota de prensa no portal educativo da Xunta: aquí.

Viaxe á Coruña - 2º ESO + 4º PDC : Obradoiro de matemática e pista de xeo

O pasado martes 12 de xaneiro os alumnos dos cursos 2º de ESO e 4º PDC desprazámonos á Coruña para realizar unha viaxe de estudos. Fomos acompañados das profesoras de Física e Química (Cándida), de Tecnoloxía (Mª José) e de Educación Física (Susi).
A primeira visita que fixemos foi ao Muncyt (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía) onde nos saudaron uns simpáticos robots. Amosáronnos algunhas patentes da historia e grandes inventos da antigüedade, ademais dun avión de pasaxeiros dos anos 80. Tamén realizamos un obradorio de matemáticas en papel donde nos explicaron a proporción aúrea ou númenro de ouro.
Logo tivemos un pequeno decanso para xantar antes de pasar a seguinte actividade: patinamos sobre xeo! Esta resultou moi divertida para a grande maioría aínda que algúns saíron accidentados.... 
 

Cos nosos mellores desexos para o 2016

Visita formativa en Navantia

Os alumnos do Ciclo Medio de Mecanizado e de FP Básica viaxaron ata Ferrol para visitar  Navantia, un estaleiro de construción naval militar.
Os alumnos puideron ver o funcionamentos dos tornos, fresadoras e outras maquinarias que empregan para mecanizar as grandes pezas que se necesitan para construír embarcacións. Logo, percorreron en autobús distintos diques de construción e reparación. Explicáronlles como se constrúe un barco por compartimentos, grandes cubos, que se dedican a cociña, a camarotes, a comedor, etc e que se van colocando na embarcación no dique de construción. Unha visita interesante e impresionante pola amplitude das súas instalacións.

Ciclo de charla da AC os Matos - Mercedes Rodríguez Moreda

A Asociación Cultural os Matos organizou o pasado xoves 19 de novembro unha conferencia sobre pesca sostible e o papel da muller no mundo mariñeiro impartida por Mecedes Rodríguez Moreda, actividade destinada ao alumnado de bacharelato e Ciclos Formativos de Administración.
 
A A.C. “Os Matos” e o I.E.S. “Perdouro”, seguindo o camiño iniciado hai anos de dar a coñecer ao noso alumnado a realidade social, económica e cultural da comarca da Mariña, comprácese ao presentar a unha muller pioneira nun mundo dominado, ata agora, polos homes. Seguir lendo no blogue de Perdourando

"A praia dos afogados" nos cines

caratula_grande1422

Alumnos de 4º ESO, Bacharelato e 2º de FPB acudiron o pasado 11 de novenbro aos Cines de Viveiro para asistir a visualización do filme, A praia dos afogados, en versión orixinal en galego, adaptación cinemátográfica da novela homónima de Domingo Villar.

1º ESO - Charla sobre novas tecnoloxías e as redes sociais

Dentro do  Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, informou e asesorou o noso alumnado de 1º de ESO no manexo e uso responsable de internet en diferentes dispositivos informáticos como poden ser os ordenadores, teléfonos ou tablets nunha charla impartida o pasado martes, día 10 de novembro. Seguir lendo en Perdourando.
 

Charla sobre drogas

O martes 10 de novembro, o alumnado de 1º de Formación Profesional Básica recibiu na biblioteca do centro unha charla preventiva sobre Alcool e outras drogas impartida por Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a cellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo informar aos rapaces sobre as diferentes drogas legais e ilegais, os seus efectos e consecuencias na saúde e penal. En definitiva, o axente impulsou a reflexión entre o alumnado entorno adiccións e outros mitos. Segiur lendo en Perdourando.

Videoconferencia de Xurxo Mariño - VI día da ciencia en galego

O día da ciencia en galego é unha celebración que ten como obxetivo revendicar unha protesta contra o decreto do plurilingüismo que prohibe impartir as clases de ciencias en galego. 
 
Nesta ocasión,  máis de 6.200 alumnos de 106 centros escolares asistiron en directo dende a Universidade da Coruña á videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" impartida polo neurocientífico Xurxo Mariño e organizada pola Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
 
Hoxe, ás 12h30, na biblioteca do IES Perdouro reunironse 93 alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º Bach. para asistir a excelente conferencia sobre o cerebro de Xurxo Mariño. Ao finalizar o relator respondeu a numerosas e interesantes preguntas enviadas por Twitter baixo o #cienciaengalego.
 
Seguir lendo no blogue de Perdourando.
 

Charla sobre acoso escolar - 4º ESO

O xoves 29 de outubro, o alumnado de 4º de ESO e Ciclo Medio de Peiteados e cosmética capilar asistiu na biblioteca do centro a unha charla preventiva sobre Acoso escolar impartida polo Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo explicar aos rapaces a importancia de contar sempre os casos de acoso, de non calar e de axudar sempre a víctima.

VI Día da Ciencia en Galego

Con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego o vindeiro mércores 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL organiza a videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" impartida por Xurxo Mariño Alfonso, biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), especialista en neurofisioloxía da Uuniversidade da Coruña. Breve nota biográfica.
 

Sinopse da conferencia: Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

Alumnado de 4º de ESO visitan a rotativa do Progreso e a Casa museo de Manuel María.

O martes, día 27 de outubro, o alumnado de 4º ESO viaxou ata Lugo para visitar a rotativa do xornal O Progreso de Lugo.

Xa pola tarde, os alumnos achegaronse ata a Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, para coñecer a vida e obra do autor homenaxeado das Letras Galegas 2016.

A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Relixión e o EDLG. Ver a completa reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.

Distribuir contido


by Dr. Radut