Skip to Content

Curso 2015-2016

Curso 2015-2016

Donación de aluminio por parte de Alcoa para a formación do alumnado do IES Perdouro

Outro ano máis a factoría de Alcoa en San Cibrao fixo unha importante doazón de aluminio para que os alumnos do ciclo formativo de mecanizado e mais os da nova modalidade de formación chamada FP Básica realicen as prácticas de taller de torno e fresadora. Nesta ocasión, foron 500 kg de barra de aluminio enviadas desde o departamento de Fundición a través doutra empresa colaboradora habitual do centro, Talleres Garsán SA.

O dpto. de Fabricación Mecánica do IES Perdouro agradece “en nome de toda a comunidade educativa do centro, esta aportación que tantos beneficios reporta na formación dos nosos alumnos”.

Despedida 2º Bach 2016

O luns, día 23 de maio, celebrouse a cea de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato. Botarémosvos de menos!! Querémosvos!! 
 
 
Yahya Aazzaoui, Daria Bakteeva Andreevna, Víctor Cabarcos Val, Aarón Fernández Cabana, José Fernández López, Raúl Fernández Medina, Álvaro Ferreira Martín, Andrea Freire Longarela, Viviane Delfine Furtado Brito, Alba Iglesias Prestes, Macarena Ledo Vázquez, Sara López Alvariño, Daniel López Otero, Lourdes López Pérez, Jacobo Moreda Álvarez, Mario Nieto Fraga, Mónica Palacios Ferreira, Inés Pardo Parra, Samuel Pérez Álvarez, Eva Pernas Fernández, Alma Ramos Rega, Simón Rodríguez Rouco, Saray Rozas Regal, Laura Sofía Semedo Brito, Emma Valle Basanta, Elena Valle García,  moita sorte a tod@s!! 
 
Ver reportaxe completa no blogue de Perdourando.
 

Asesoría e Proceso de Coidados da Imaxe Persoal nas persoas afectadas por Cancro

O pasado mércores 18 de maio o departamento de Imaxe persoal programou unha viaxe formativa á cidade da Coruña destinada a todo o alumnado de primeiro e segundo curso do ciclo medio de Peiteado e cosmética capilar. Foron recibidos no CIFP Someso onde recibiron ampla información sobre a oferta educativa da familia profesional da Imaxe Persoal. Visitaron as instalacións e as aulas-taller dos ciclos que aí se imparten. Na segunda parte da mañá o grupo de alumnos asistiron na aula magna a unha conferencia baixo o título de "Asesoría e Proceso de Coidados da Imaxe Persoal nas persoas afectadas por Cancro", impartido polo Dr. Salvador Ramos Rei en colaboración co grupo Loida. Tratou o impacto socio-sanitario que supón o cancro na sociedade actual, centrándose fundamentalmente na prevención. Explicou tamén o proceso de atención na imaxe persoal dos pacientes en relación ás secuelas que provocan os tratamentos oncolóxicos desta enfermidade. Logo da charla expositiva, os alumnos atenteron a unha demostración de proceso de coidados (coiro cabeludo, adaptación de perrucas e postizos, coidados da pel, e técnicas de maquillaxe correctora). Ler no blogue de Perdourando.

Entrega de premios Torneo de Xadrez

Logo de 3 meses de torneo, xa temos os gañadores.
Na gran final celebrada esta mañá na biblioteca, Julián Moreno Vizoso, alumno de 3º ESO, declarouse vencedor deste torneo de xadrez 2016. Noraboa rapaz!!

Ademais damos a noraboa a Álvaro Fernández Yáñez de 4º ESO como subcampeón, a Sergio Alonso Mon de 1º ESO por conseguir o 3° posto, e a Efren Rouco Valea de 4°ESO por ter o 4º posto. 
Tamén queremos felicitar a todos os e as participantes neste torneo polo bon entusiasmo e bon ambiente que crearon durante estes últimos meses. Grazas por participar. Vémonos o ano que ven para a 3ª edición!
 

 

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos

O Dpto. de Xeografía e Historia programou o encontro anual entre 3 ex-parlamentarios e os alumnos de 4º de ESO. A actividade enmarcase dentros das actuacións promovidas polo Parlamento de Galicia e pola Asociación de Exparlamentarios/as. A charla-coloquio tivo lugar o xoves 19 de maio na biblioteca do IES Perdouro.

Neste acto participaron os exdeputados Jesús María Fernández Rosende (PPdeG), Alberte Xullo Rodríguez Feixóo (BNG) e Ismael Rego González (PSdeG-PSOE).Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Bríxida Pino, profesora de Historia. 
Esta charla-coloquio ten como finalidade que os alumnos do centro educativo coñezan o Parlamento de Galicia. Con ese fin, os exparlamentarios relataron en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestaron as preguntas dos asistentes, algunhas delas comprometidas e de dificil resposta.  Previamente o encontro, os alumnos visionaron unha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.
Ao final do acto mantívose por petición do alumnado un minuto de silencio en memoria a Anes Monteiro da Silva.Ler no blogue de Perdourando.

Gran Final - Torneo de Xadrez 2016

Maratón de Lectura 2016 - Manuel María

O pasado venres 13 de maio, por iniciativa do Colectivo Cultural Buril, o alumnado de 1º de ESO de Reforzo e os de 4º PDC participou no VI Maratón de lectura. Os alumnos fixeron lecturas poéticas e outras teatralizadas da obra de Manuel María. O acto tivo lugar no salón de Plenos do Concello. Seguir lendo no blogue de Perdourando.

Acto de inauguración de "Os soños de Manuel María"

O martes, 10 de maio, inaugurouse a Exposición Os soños de Manuel María en compañía da Xefa Territorial de Educación, Maricarmen Gueimunde, o asesor do CEFORE, Manuel Sánchez, a concelleira de Cultura do Concello de Viveiro, Lara Fernández, as coordinadoras das bibliotecas escolares que integran a Microrrede, así como as comunidades educativas dos diferentes centros.
Sucedéronse as diversas actividades dinamizadoras correspondentes a este día. O IES Perdouro contribuíu cun recitado poético musicado. Carla, Irina, Laura, Yaiza e Brais, alumnos de 2º de ESO, recitaron 4 poemas de Manuel María: Galiza, O amor, O poema, A Fala cuns interludios musicais de O Son do ar interpretados ao violín por Laura. Un acto curto pero moi emotivo. "Precisamos a lingua Se queremos vencer!" Ver a reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.

Correlingua 2016

Este ano tócoulle a nosa vila ser a anfitriona  do Correlingua 2016  na Mariña. A convocatoria anual celebrouse o xoves 5 de maio baixo o lema "O galego está en nós". A camiñata a prol da lingua xuntou a máis de 1600 rapaces e rapazas de primaria e secundaria de toda a Mariña. O percorrido iniciouse na praia da Marosa para rematar na praza da Mariña. A partir das 11h empezou a carreira para os corredores e despois saíron os camiñantes. Logo de máis de media hora de paseo empezou na praza a festa final animada por Talía Teatro. Primeiro, alumnos do IES de Dioniso Gamallo de Ribadeo leron o seu manifesto "Na procura do galego", gañador do concurso do Correlingua 2016. Este manifesto «tentan mostrar que o galego non é algo alleo a ninguén de nós, que está presente no noso ser, e que o mellor que podemos facer por el é vivilo, é dicir, falalo. Describe como podemos percibir o galego a través dos nosos sentidos». Logo entregáronse os premios aos gañadores da carreira nas diferentes categorías. Edmilson Monteiro, de 1º de ESO, e Pablo García, de 1º de Bac, lograron unha medalla. Despois, actuaron alumnos do IES Monte Castelo, CEIP Virxe do Carmen, IES Marqués de Sargadelos, e nós con recitados de Enya e Andrés e desfile do lema feito polos alumnos de 1º de ESO. E, finalmente, o grupo Zënzar pechou o acto coa súa actuación de rock galego. Unha súper mega festa !!! Ver a nosa completa reportaxe fotográfica aquí.

Actuación de AldaoLado en Burela

O pasado 11 de maio, os alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato do IES Perdouro xuntos a outros alumnos do IES Monte Castelo acudiron ao auditorio de Burela para asistir a actuación de AldaoLado. As poetisas María Lado (Cee, 1979) e Lucía Aldao (A Coruña, 1982), coa súa guitarra, presentaron un recital poético nun formato fora do habitual. Combinaron o recitado de poemas propios con  música en directo e divertidas historias relacionadas coa súa actividade de poetas ou coa vida mesma. Ademais fixeron unha adaptación dunha canción de Rocío Jurado, en galego, "Porque yo te amo" para repasar a colocación dos pronomes. Antes de rematar, compuxeron un poema colectivo a partir de versos de diferentes poetas galegos. Repartiron os fragmentos entre o alumnado que recitou de xeito aleatorio para facer un poema dadaísta.  Un espectáculo de poesía, música e humor moi divertido!!!
 
Se queres repasar a colocación dos pronomes segundo AldaoLado non deixes de ir ao blog de Perdourando
 

Carteis Letras Galegas 2016 - Manuel María

O alumnado de 1º de Bach. de TIC elaborou a súa cartelería anual adicada ao persoeiro homenaxeado das Letras Galegas. Se queres coñecer quen foi Manuel María, autor chairego conmemorado para celebrar as Letras Galegas 2016, non deixes de botarlle unha ollada a este traballo.


 

Exposición "Os soños de Manuel María" da microrrede de bibliotecas escolares da Mariña

Microrrede da Mariña, dinamizando as comunidades educativas a través da literatura

Durante cinco anos as bibliotecas de varios centros educativos da zona da Mariña veñen a desenvolver un proxecto conxunto para o fomento da lectura nas familias. Dito proxecto trata de involucrar ao maior número de sectores que influen na promoción dos libros, o gusto pola lectura, o intercambio de experiencias e sobre todo, impulsar a colaboración das familias na promoción da cultura e a formación lectora dos seus fillos. O proxecto deste ano titúlase Os soños de Manuel María e ten como obxectivo coñecer e valorar a figura e a obra deste gran escritor e intelectural lucense; así como fomentar e dinamizar a cultura entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre.

Durante a semana das Letras Galegas, hai unha gran exposición dos traballos de todos os centros educativos participantes no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, do 11 ao 13 de maio de 18h a 20h. A exposición está aberta ao público en xeral e cada tarde hai actuacións do alumnado e incluso profesorado dos centros educativos que participan na actividade.

Programa das actividades dinamizadoras do martes 10 ao venres 13 de maio de 18:00h a 20:00 h

Martes 10, ás 18:00h.
  • Inauguración da exposición coa participación das Comunidades Educativas, dos Centros escolares e  das Autoridades.
  • “Os soños non poden estar engaiolados” a cargo do CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo.
  • “Cantando” de IES María Sarmiento de Viveiro.
  • “Recital poético” de IES Perdouro de Burela.

Mércores 11, ás 18:00h.

  • “Todo me fala de ti” a cargo de EEI San Roque de Viveiro
  • “Pecas, Dragoncín e o tesouro” (adaptación) de CEIP Plurilingüe de Covas.
  • “Interpretando O bigote de Mimí” a cargo de CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove.

Xoves 12, ás 18:00h.

  • “Musicando a Manuel María” (adaptacións), a cargo de CEIP de Cervo.
  • “Un percorrido musical polas nosas celebracións” de CEIP A. Pedrosa Latas de Celeiro.

Venres 13, ás 18:00h.

  • “Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela”, representada polo alumnado do CEP Lois Tobío de Viveiro.
  • “De Rosalía a Manuel María...Poesía” a cargo de Ermitas Orol.
  • Clausura da Exposición

No proxecto Os soños de Manuel María participan os centros educativos da zona da Mariña que se citan a continuación:
• EEI San Roque (Viveiro)
• CEP Lois Tobío (Viveiro)
• CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro)
• CEIP Pedrosa Latas (Celeiro)
• CEIP Plurilingüe Santa Rita (Galdo)
• CEIP de O Vicedo (Vicedo)
• CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán (Xove)
• CEIP de Cervo
• IES María Sarmiento (Viveiro)
• IES Vilar Ponte (Viveiro)
• IES Perdouro de Burela
• IES Illa de Sarón de Xove

Cúpulas de Leonardo

Non sabedes que son as cúpulas de Leonardo? Pois o alumnado de 2º ESO xa o sabe. Grazas a iniciativa do seu profesor de Matemáticas, Manuel Vilariño, para celebrar o mes das Matemáticas, os alumnos saíron ao patio cunha caixa chea de paos que se enganchan segundo o patrón iniciado por Leonardo da Vinci... Seguir lendo no blogue de Perdourando.

 

Obradoiro de escritura medieval - 2º ESO

Crónica de Edmilson Monteiro Gomes - 2º ESO
 
O luns 25 de Abril, e tendo como referencia o Día do Libro,  os rapaces de 2º da ESO realizamos unha actividade escolar que consistía nun obradoiro sobre a escritura medieval.
A actividade comezou na biblioteca cunha resumida charla, cuns especialistas no tema,  sobre a evolución da escritura e dos materiais empregados ao longo da Historia.
A  segunda sesión tivo lugar .... Seguir lendo no blogue de Perdourando.
 

‘Descubre o fútbol sala’ no IES Perdouro

Hoxe, o CD Burela FS Pescados Rubén visitou o IES Perdouro co seu programa de promoción da práctica deportiva en igualdade, "Descubre o Fútbol Sala". A actividade foi destinada ao alumnado de 4º ESO A. Os rapaces/as compartiron dúas divertidas sesións cos xogadores Adrián, Jorge Matamorros e a xogadora Ceci do equipo femenino ademais do técnico Alfonso Mera. ... Seguir lendo no blogue de Perdourando.
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut