Skip to Content

O Conselleiro de Cultura e Educación visita o IES Perdouro

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou as instalacións do IES Perdouro asi como a nova ampliación do centro educativo para responder ás necesidades da FP básica.

Educación licitou en xuño a obra do novo edificio, anunciando un orzamento de 420.000 euros, para edificar 344 metros cuadrados. Finalmente a actuación, cuxo importe final de adxudicación foi de 353.916 euros, responde así mesmo á demanda de novos espazos a raíz da implantación da FP Básica. En concreto, instalouse un taller da familia profesional de Fabricación Mecánica no lugar onde antes estaban as aulas de electrónica e tecnoloxía, que pasaron a localizarse no novo volume de planta baixa. O semisoto deste novo volume queda agora como un espazo diáfano, que nun futuro podería utilizarse como aulas e almacén, en función das necesidades. (Foto: Pepa Losada)

Ver nota de prensa no portal educativo da Xunta: aquí.



page | by Dr. Radut