Skip to Content

Premios 2013-2014

Recoñecemento aos mellores expedientes

O instituto felicítavos polo éxito acadado co premio de excelencia da Universidade de Santiago de Compostela.
 
O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizará o Acto de recoñecemento aos estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia que acaden a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualificación da fase xeral (queda excluída a fase específica que só ten efectos para acceder ás titulacións con limite de prazas) das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.


4 ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO RECOÑECIDOS MELLORES EXPEDIENTES:

        • Begoña Fachal Bugarín
        • Laura López Galdo
        • Xabier Mazaira López
        • Uxía Yáñez Ramil

O Acto tivo lugar o martes día 1 de xullo ás 18:00 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.

Foron 434 estudantes os que acadaron unha nota igual ou superior a 9 na PAU este ano.

69 son da provincia de Lugo e 4 do IES Perdouro!

 

Parabéns Begoña, Uxía, Xabier e Laura!!!!!!

Premios para as alumnas do CS de Administración e Finanzas

O pasado 19 de xuño, no acto de clausura do proxecto "A Mariña Emprende" promovido pola Fundación Alcoa e a Consellería de Cultura e Educación, tivo lugar a entrega dos premios aos mellores proxectos empresariais realizados polos alumnos dos oito centros educativos da Mariña participantes.
 
Alumnas do ciclo superior de Administración e Finanzas acadaron o 1º e 2º premio dunha dotación económica de 2.500€ e 1.500€ para financiar o proxecto da súa empresa. O 1º premio foi para as alumnas Andrea Pico Pena e Leticia Rodríguez Pérez. Cristina García López, Raquel Rouco Iglesias e Nuria Rodríguez Blanco levaron o 2º premio do concurso de proxectos da Mariña Emprende.
 
Parabéns rapazas!!!
 

Entrega de Premios do Concurso da A. C. Os Matos

Os premios do VIII Concurso de relatos curtos, poesía e debuxo convocado anualmente pola Asociación Cultural Os Matos cuxo lema nesta ocasión foi “As plantas da nosa paisaxe” foron entregados este venres 13 de xuño na biblioteca do IES Perdouro. O presidente da A.C. Os Matos, Antón Niñe;  a coordinadora do EDLG, Miruca Parga, e o director, Santiago Pérez, entregaron os diplomas e uns agasallos aos premiados. As obras gañadoras están publicadas na revista escolar.
 
Ver reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.
 
 

Clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña

O martes 27 de maio tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de clausura dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.
 
O debuxante santiagués Fran Bueno foi o invitado de excepción na clausura dos sextos Encontros de Banda Deseñada na Mariña que se celebraron no IES Perdouro de Burela.
 
Seguir lendo en Perdourando.
 
Ver reportaxe de entrega de premios en Perdourando.

Fallo dos premios do Concurso de Banda Deseñada na Mariña 2014

Gañadores do certame de creación de Banda Deseñada 2014

Fanse públicos os resultados dos premios na seguinte ligazón: Banda Desexada

Noraboa os gañadores e confiamos en que haxa sorte noutras ocasións para os demáis participantes.

Gañadores dos Concursos da A.C. Os Matos

Nos concursos de poesía e relato curto, e debuxo convocados pola Asociación Cultural "Os Matos" resultaron gañadores os seguintes traballos:
 
VIII CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO - Tema: “As plantas da nosa paisaxe”

Categoría 1º e 2º de E.S.O. - Poesía 

  • Primeiro Premio: “Flores de Primavera” - Itziar García Cruz (2º E.S.O. A) 
  • Segundo Premio: “As laranxas da laranxeira” - Arancha Basanta Otero (2º E.S.O. A)

Categoría 1º e 2º de E.S.O. - Relatos Curtos 

  • Primeiro Premio: “Non me esquezas, amapola” -  Pedro Artai Fernández Padrón (1º E.S.O. A)
  • Segundo Premio: “Casquiña” - Mario Cordido García (2º E.S.O. B)

Categoría 3º e 4º de E.S.O. - Relatos Curtos

  • Primeiro Premio: “As plantas da nosa paisaxe” - Laura Sofía Semedo Brito (4º E.S.O.)
  • Segundo Premio: “Un novo gran líder” - Mario Nieto Fraga (4º E.S.O. PDC)

VI CONCURSO  DE IMAXE  - Tema: “As plantas da nosa paisaxe”

Categoría Bacharelato, P.C.P.I. e Ciclos Formativos

  • Primeiro Premio: Alexandra Granda Márquez (1º Bach. A)
  • Segundo Premio: María Prieto Casares (1º Bach. B)

Acto de entrega de Premio Letras Galegas 2014

Damián e Iván foron os representantes dos alumnos de 1º de Bach que recolleron hoxe da mán do secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García Gómez a certificación do Premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2014.
 
Seguir lendo en Perdourando

Van os nosos parabéns a : Alexandra, Andrea, Cintia, María, Sara, Damián, Gabriel, Iván, José Carlos, Rodrigo, e Miruca Parga!!!!!!
 
 

Acto de entrega de Premio Letras Galegas 2014

 

O IES Perdouro de Burela recibe o premio do concurso-exposición Letras Galegas 2014, convocado por Cultura e Educación. 

O secretario xeral de Política Lingüística entregará o xoves 15 de maio o galardón nun acto que se celebrará na biblioteca do centro a partir das 11h30. 

O traballo titulado “Sombras radiantes” foi o traballo gañador do certame na modalidade de ESO, bacharelato, FP e ensinanzas especiais. A través de 10 paneis, Edelmira Parga, coordinadora do proxecto e os seus alumnos de 1º de Bach. divulgaron a vida e obra do autor das Letras Galegas deste ano, Xosé María Díaz Castro.

IES Perdouro premiado

Resolto os premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014:

O CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz e o IES Perdouro de Burela, resultaron gañadores nas súas respectivas categorías.

Miruca Parga, Coordinadora do EDLG, traballou co seu alumnado de 1º de Bacharelato de TIC sobre a figura de Xosé María Díaz Castro co próposito de elaborar carteis para a exposición sobre o autor homenaxeado do día das letras galegas 2014. O seu esforzo foi ben merecido xa que a súa produción circulará como exposición por todos os institutos de Galicia e no centros galegos de todo o mundo.

1º Premio no Concurso de Robótica para un equipo do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións

O Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". O VI Concurso Galego de Robótica realizouse durante ao longo desta semana na Fundación Barrié da Coruña. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. Consistiu na programación dun robot  que tiña que superar unha serie de retos.

O primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi acadado polo equipo formado por Francisco Fernández, Joao Landim e Claudemir López. Os tres son alumnos do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións no I.E.S. Perdouro de Burela.

Categoría BAC e Ciclos:

  • 1º premio: IES Perdouro de Burela - 66 puntos e 2 grupos de 55 e 44 puntos
  • 2º premio : IES San Tomé do Freixeiro  - 45 puntos
  • 3º premio: IES Francisco Asorey - 43 puntos 

Seguir lendo en Perdourando.

Noraboa o Fran, Joao e Claudemir!!!!

San Xoán Bosco - Finais 2014


Os Campionatos de San Xoán Bosco, organizados pola A.C. “Os Matos”, é unha das actividades anuais do I.E.S. Perdouro. Durante o mes de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. participou en diversas modalidades lúdicas e deportivas, que remataron o luns 3 de febreiro.

Os participantes puxeron ilusión e gañas nas distintas  modalidades que se ofertaban:
  •     Individuais:  Xadrez e Damas;
  •     Parellas: Construcción de Puzzles;
  •     Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
As primeiras eliminatorias, e as finais individuais e de parellas, desenvolvéronse nas instalacións do centro durante os recreos, ata o día 31 de xaneiro. As finais de grupos disputáronse no pavillón polideportivo dos institutos o día 3 de febreiro pola tarde, rematando a xornada cunha sesión de aerobic na que participou todo o alumnado.

Da organización e coordinación dos Campionatos encargáronse as profesoras de Educación Física e o profesor de Relixión, contando co apoio do Equipo Directivo do Instituto.

Os vencedores das distintas modalidades, que recibiron as súas correspondentes medallas, son:

  • Xadrez: Artai Fernández (1º ESO A)
  • Damas: Enrique Cortiñas (2º ESO A)
  • Puzzles: María Basanta e Laura Fernández (1º ESO A)
  • Baloncesto Feminino: Equipo de 2º ESO  (Floricia, Iria, Telma, Mirella, Antía, Ana, Sara e Katia)
  • Baloncesto Masculino: Equipo de 2º ESO B (Andrés, Alberto, Pablo, Christian e Jordane)
  • Fútbol Sala Feminino: Equipo de 1º ESO A/B (Claudia, Laura, Antía, Lucía, Andrea R, Tania e Andrea S.)
  • Fútbol Sala Masculino: Equipo 1º ESO A (Cleiton, Edmilson, Aarón, Jairo, Edilson e Adilson).  

Alumnas premiadas no Concurso de cartel Día da Sida

Antía Baño, alumna de 3º de ESO, e Saray Rozas, alumna de 4º ESO, acadaron o premio respectivamente  nas categorías de 12-15 anos e de 16-18 anos no Concurso de Cartel convocado pola unidade asistencial de drogodependencias de Burela para conmemorar o día da Sida.
Seguir lendo en Perdourando.
Distribuir contido


by Dr. Radut