O instituto felicítavos polo éxito acadado co premio de excelencia da Universidade de Santiago de Compostela.
O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizará o Acto de recoñecemento aos estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia que acaden a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualificación da fase xeral (queda excluída a fase específica que só ten efectos para acceder ás titulacións con limite de prazas) das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.
4 ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO RECOÑECIDOS MELLORES EXPEDIENTES:
- Begoña Fachal Bugarín
- Laura López Galdo
- Xabier Mazaira López
- Uxía Yáñez Ramil
O Acto tivo lugar o martes día 1 de xullo ás 18:00 horas na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
Foron 434 estudantes os que acadaron unha nota igual ou superior a 9 na PAU este ano.
69 son da provincia de Lugo e 4 do IES Perdouro!
Parabéns Begoña, Uxía, Xabier e Laura!!!!!!