Skip to Content

Premios 2010-2011

Acto Recoñecemento dos mellores expedientes (Bacharelato+PAU) 2011

O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizará o Acto de recoñecemento aos estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia que acaden a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualificación da fase xeral (queda excluída a fase específica que só ten efectos para acceder ás titulacións con limite de prazas) das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.


ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO RECOÑECIDOS ENTRE OS MELLORES EXPEDIENTES:

  • Diego Calveche Barranco
  • Yaiza Pernas Ónega

O Acto terá lugar o venres día  1 de xullo ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, sito no Parque da Milagrosa (Lugo).

Laura Ramos premiada no certame poético María Soliño

Laura Ramos Cuba, que recentemente finalizou os seus estudos de 2º de Bacharelato, acaba de recibir un novo premio literario. Nesta ocasión conseguiu o 1º Premio na 27ª edición do Certame Literario María Soliño convocado en Cangas do Morrazo.

Con este novo premio, Laura Ramos consolídase -xunto con Lucía Barrera López- como un dos referentes da xeración emerxente "Modelo Burela" constituída por mozas e mozos de entre 15 e 20 anos con extraordinaria fluidez en tres linguas internacionais e con notable dominio da expresión literaria en lingua galega.

 

Estes son algúns enlaces a noticias relacionadas coa xornada de entrega do premio, coa historia do mesmo no Faro de Vigo, na Voz de Galicia, e aínda con outros traballos realizados por Laura Ramos Cuba, na Voz de Galicia e en Crónica3.

XURADO PREMIO SPINOZA

DÚAS ALUMNAS DO IES PERDOURO DE BURELA PARTICIPARON NO XURADO DO PREMIO SPINOZA DE ENSAIO

 

No Instituto Rosalía de Castro de Santiago reuniuse ás 12 da mañá do día 20 de xuño o xurado do Premio B. Spinoza de Ensaio na súa segunda edición.  Entre os integrantes da comisión de selección figuraban dúas alumnas do IEs Perdouro de Burela: Rocío Eijo, de Cangas; e Alba Rodríguez, de Vilanova de Lourenzá. O resto dos compoñentes eran tamén alumnos e alumnas dos institutos  Xulián Magariños, de Negreira; IES Allariz, IES do Castro, de Vigo; e IES Rosalía de Castro, de Santiago.        

Os estudantes leron durante este curso académico un total de cinco ensaios: Viaxe extraordinaria ao centro do cerebro, de Jean Didier Vincent; As novelas da memoria, de John Thompson; Redes Complexas, de Ricard Solé; Romanticismo, de Rüdiger Safranski; e As experiencias do desexo, de Jesús Ferrero. A obra que resultou gañadora foi a Viaxe extraordinaria ao centro do cerebro, de Jean Didier Vincent.

 

O Premio Spinoza

Complemento do xa clásico Premio de narrativa "Arcebispo Juan de San Clemente" , o galardón de Ensaio dedicado a B. Spinoza pretende converter o alumnado de Bacharelato en protagonista, xa que o xurado destes certames  está formado por mozas e mozos do segundo curso de Bacharelato do Instituto “Rosalía de Castro” de Santiago e de catro Institutos máis de Galicia, elexidos por sorteo.

 


Laura Ramos, 1º Premio no Certame de poesía Xela Arias

Laura Ramos Cuba, de 18 anos, alumna do IES Perdouro de Burela, foi a gañadora da Vª edición do Certame de Poesía Xela Arias convocado polo IES A Sangriña da Guarda en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

A moza de Burela desprazouse á vila do Baixo Miño para recoller o premio no decurso dun acto literario organizado pola Dirección do instituto e o Equipo de Normalización da língua Galega. No salón de actos do centro educativo, o alumnado do grupo de teatro fixo o recitado de poemas da autora homenaxeada (Xela Arias)  e seguidamente a profesora e escritora Marga do Val -premio da crítica 2010 polo libro de poemas A cidade sen roupa ao sol e premio da AELG de tradución por Randea do alento de Herta Müller- pronunciou unha conferencia sobre a obra obra de Valentín -o recoñecido mestre e tradutor lugués recentemente falecido- e Xela Arias así como á importancia da literatura feminina dos últimos anos en lingua galega.

Finalmente entregáronse os premios do Certame de Poesía Xela Arias, que lle corresponderon ás seguintes persoas:

1º premio da modalidade A (menores de 16 anos): VICTORIA PÉREZ GASCÓN do IES Xesús Taboada Chivite, de Verín (Ourense); 

2º premio: PAULA COLLAZO CASTIÑEIRA do Colexio Obradoiro, da Coruña;

1º premio da modalidade B (maiores de 16 anos): LAURA RAMOS CUBA do IES Perdouro de Burela;

2º premio: ELISABETH REY GONZÁLEZ do IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela; 

3º premio: PABLO LOMBA RIEGO do IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra).

Fíxose mención especial para MIRIAM DOURADO CARABEL do IES Ponteceso de Ponteceso (A Coruña).

O profesorado e o alumnado asistentes ao acto recibiron como agasallo unha publicación da Deputación de Pontevedra que recolle os traballos gañadores das edicións anteriores. No mesmo figura de xeito destacado a contribución de Lucía Barrera López, tamén ex-alumna do IES Perdouro, que se fixo co primeiro premio o pasado ano.

Con posterioridade á recepción do premio, a delegación mariñá presente no acto visitou os lugares emblemáticos da localidade guardesa, moi especialmente o parque arqueolóxico de Santa Tegra, onde recibiu as explicacións do historiador local Gustavo González e do cantautor Tino Baz.

"V Concurso de Poesía e Relatos Curtos" Os Matos

"V Concurso de Poesía e Relatos Curtos"   - Tema "Burela: aberta ao mar"
 Poesía e  Relatos Curtos:  
 

Na categoría 1º e 2º ESO:

  • 1º Premio: Diana Gonçalves Sanches (1º ESO)
  • 2º Premio: Inés Pardo Parra (1º ESO)

Na categoría Bacharelato, PCPI e Ciclos Formativos:

  • 1º Premio: Bruno Oroza Parga (1º Bacharelato)
  • 2º Premio: Laura Trelles Díaz (1º Bacharelato)

Na categoría 3º e 4º ESO:

  • 1º Premio: Ángeles Mateos Guerrero (4º ESO)
  • 2º Premio: deserto
 
 "III Concurso de Imaxes"  

Na categoría ESO:

  • 1º Premio: Laura Sofía Semedo Brito (1º ESO)
  • 2º Premio: Emma Valle Basanta (1º ESO)
Na categoría Bacharelato e Ciclos Formativos:
  • deserto

CELEBRANDO O SAN XOAN BOSCO 2011

Durante o pasado mes d exaneiro e os primeiros días de febreiro a Asociación Cultural Os Matos orgnaizou unhas competicións deportivas entre os alumnos de 1º de ESO e de 2º de ESO, dentro dos actos da festa de San Xoan Bosco. Os gañadores dos campionatos son os seguintes alumnos/as:

Campionato

Gañador/a

Xadrez

Gabriel Bermúdez - 2º ESO A

Damas
Leo Cayo - 2º ESO B
Puzzles

Inés Pardo e Eva Pernas - 1º ESO B

Baloncesto

Álvaro Ferreira, Aleixo, González, Sergio Rivas - 1º ESO B

Fútbol-sala

José Carlos Díaz, Aitor Eijo, Ana Fernández, Javier Fraga, Cristián Gaitica, Gabriel Ortiz - 2º ESO A e Aitana Rodríguez - 2º ESO B

PREMIADO NO CERTAME TRAPERO PARDO

O alumno NUNO GARCÍA PICO resultou gañador, co  2º premio da súa categoria no CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO organizado pola Concellería de Educación do Concello de Lugo.
A entrega de premios será o vindeiro 23 de decembroás 12 horas no salón de sesións da Casa Consistorial do Concello de Lugo. Praza Maior.

Noraboa Nuno!

PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO 2010 DA CASA DO MAR

No VIII Concurso de Debuxo: O mundo do Mar e os Mariñeiros convocado pola Casa do Mar de Burela, acadaron os 1º e 2º premios na categoria de 12 a 14 anos respectivamente os seguintes alumnos de 1º de ESO:

 
  
- Aaron Fernández Cabana

 

- Raul Fernández Medina

 

 

 Noraboa a todos os alumnos de 1º de ESO e a súa profesora, Cristina, por participar neste certame.

A entrega dos premios terá lugar o mércores 22 de decenbro ás 19h00 no salón de actos da Casa do Mar. 

Os traballos estarán expostos na Casa do Mar do 22 de decembro ata o 9 de xaneiro en horario de mañá e tarde.

JUAN LAWICKI ARAGÓN GAÑADOR DO CONCURSO DE DEBUXO

Despois dunha reñida votación, o cartel gañador do II Concurso de carteis "Móvete contra a violencia de xénero" organizado pola  Asociación Cultural A Sombriza de San Cibrao foi o que fixo o noso alumno de 1º de bacharelato JUAN MARIO LAWICKI ARAGON e que leva por título TI PODES EVITALO. A súa obra foi valoarada pola súa mensaxe clara e por ter unha imaxe impactante.

Queremos dar os nosos sinceros parabéns para o gañador. Noraboa Juan!

Distribuir contido


by Dr. Radut