DÚAS ALUMNAS DO IES PERDOURO DE BURELA PARTICIPARON NO XURADO DO PREMIO SPINOZA DE ENSAIO
No Instituto Rosalía de Castro de Santiago reuniuse ás 12 da mañá do día 20 de xuño o xurado do Premio B. Spinoza de Ensaio na súa segunda edición. Entre os integrantes da comisión de selección figuraban dúas alumnas do IEs Perdouro de Burela: Rocío Eijo, de Cangas; e Alba Rodríguez, de Vilanova de Lourenzá. O resto dos compoñentes eran tamén alumnos e alumnas dos institutos Xulián Magariños, de Negreira; IES Allariz, IES do Castro, de Vigo; e IES Rosalía de Castro, de Santiago. | |
Os estudantes leron durante este curso académico un total de cinco ensaios: Viaxe extraordinaria ao centro do cerebro, de Jean Didier Vincent; As novelas da memoria, de John Thompson; Redes Complexas, de Ricard Solé; Romanticismo, de Rüdiger Safranski; e As experiencias do desexo, de Jesús Ferrero. A obra que resultou gañadora foi a Viaxe extraordinaria ao centro do cerebro, de Jean Didier Vincent.
|
|
O Premio Spinoza Complemento do xa clásico Premio de narrativa "Arcebispo Juan de San Clemente" , o galardón de Ensaio dedicado a B. Spinoza pretende converter o alumnado de Bacharelato en protagonista, xa que o xurado destes certames está formado por mozas e mozos do segundo curso de Bacharelato do Instituto “Rosalía de Castro” de Santiago e de catro Institutos máis de Galicia, elexidos por sorteo. |