Skip to Content

Premios 2015-2016

Premios 2015-2016

Recoñecemento aos mellores expedientes 2016

3 alumnos do IES Perdouro de Burela recoñecidos entre os mellores expedientes académicos nas probas de acceso á universidade de Galicia.

Álvaro Ferreira Martín, Andrea Freire Longarela e Inés Pardo Parra,  foron os 3 alumnos de 2º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela que superaron a media dun nove nas probas de acceso á universidade deste ano. Os futuros universitarios recolleron nun acto celebrado en Santiago o pasado 30 de xuño o diploma acreditativo do froito do seu esforzo nos estudos.
Mediante este acto de recoñecemento a Universidade de Santiago felicitou aqueles estudantes galegos que acadaron a puntuación de nove ou superior na cualificación da Proba de Acceso á Universidade.
Entre os 604 alumnos de 2º de Bacharelato de toda Galicia coa mellor nota, 81 alumnos e alumnas proceden de Lugo e 3 son do IES Perdouro de Burela!!!!!

O director do centro, Santiago Pérez, comprácese deste recoñecemento ao que se suma toda a comunidade educativa e atribuíu este éxito o esforzo do alumnado ao longo destes últimos dous anos e do bo facer do profesorado do centro.

Parabéns rapaces!!!!

Acto de recoñecemento aos mellores expedientes USC 2015-2016

Un ano máis, alumnos do IES Perdouro conseguiron a Excelencia Académica na Selectividade, superando o 9 entre o bacharelato e a fase xeral das probas de acceso a universidade. Son Álvaro Ferreira Martín, Andrea Freire Longarela e Inés Pardo Parra, que estarán presentes nun acto, para o recoñecemento aos mellores estudantes de Galicia o día 30 de xuño ás 18 horas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

Entrega de Premios Concursos OS MATOS

 
O pasado mércores 22 de xuño,  entregáronse na biblioteca do IES Perdouro os premios do X Concurso de relato curto e do VIII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “O meu avó, a miña avoa”. Antón Niñe, presidente da AC "Os Matos", foi a encargada de felicitar aos premiados desta décima edición do certame. Karina Parga, encargada da biblioteca, e Santiago Pérez, Director, entregaron os diplomas e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.

Parabéns rapaces!!!!!!

Fallo Premios literario e de imaxe Os Matos 2016

O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos:

X CONCURSO LITERARIO – Tema: “O meu avó, a miña avoa”


Relato curto: 

Categoría 1º e 2º de E.S.O.

  • Primeiro Premio: “O meu segundo pai” – Carolina Basanta Val (2º E.S.O. A)
  • Segundo Premio: “Os meus avós” – Alex Gómez Sixto (2º E.S.O. A)

Categoría 3º e 4º de E.S.O. 

  • Primeiro Premio: “Os avós” – Iria Fernández Rubal (4º E.S.O. B)
  • Segundo Premio: “Dúas almas nun só corazón” – Marta García García (4º E.S.O. A)

Categoría Bacharelato e Formación Profesional 

  • Primeiro Premio: “Avoa” – Andrea Ramos Piñeiroa (1º Bach.)
  • Segundo Premio: “Carta á miña avoa” – Tamara Rico Berdeal (1º Bach.)

Poesía

Categoría de E.S.O. 

  • Primeiro Premio: “A avoa, outra nai” – Cristina Vidal Fernández (2º E.S.O. B)
  • Segundo Premio: “Agradézocho a tí” – Carmen Pernas Pernas (2º E.S.O. B)

Categoría Bacharelato e Formación Profesional 

  • Primeiro Premio: “Só ti, só nós” – Macarena LEdo Vázquez (2º Bach.)

VIII CONCURSO DE IMAXE – Tema: “O meu avó, a miña avoa

Categoría 1º e 2º de E.S.O.

  • Primeiro Premio: Yaniss dos Santos Méndez (1º E.S.O. A)
  • Segundo Premio: Antía Gómez Couto (1º E.S.O. B)

Categoría 3º e 3º de E.S.O.

  • Primeiro Premio: Everaldo Magno Martíns Cruvinel (3º E.S.O A)
  • Segundo Premio: María Areán Maseda  (4º E.S.O. A)

Entrega de premios Torneo de Xadrez

Logo de 3 meses de torneo, xa temos os gañadores.
Na gran final celebrada esta mañá na biblioteca, Julián Moreno Vizoso, alumno de 3º ESO, declarouse vencedor deste torneo de xadrez 2016. Noraboa rapaz!!

Ademais damos a noraboa a Álvaro Fernández Yáñez de 4º ESO como subcampeón, a Sergio Alonso Mon de 1º ESO por conseguir o 3° posto, e a Efren Rouco Valea de 4°ESO por ter o 4º posto. 
Tamén queremos felicitar a todos os e as participantes neste torneo polo bon entusiasmo e bon ambiente que crearon durante estes últimos meses. Grazas por participar. Vémonos o ano que ven para a 3ª edición!
 

 

Alumnos do IES Perdouro gañan o concurso de fotografía Imaxiña 2015

Esta tarde tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro a entrega dos premios Imaxiña 2015, certame impulsado por Imdecum. Resultaron gañadores, Pablo García, premio do xurado e Tamara Rico, por votación popular a través de Facebook, ambos alumnos de 1º de Bach. Parabéns aos dous!!!

3º premio no concurso Reto Alcoa para Adriana e Aitor, do CM de Xestión Administrativa

Os alumnos Aitor Eijo Oroza e Adriana Otero Pérez gañaron o terceiro premio da final nacional do Reto Alcoa; na 14ª edición da competición celebrada na U-tad (Universidade de Tecnoloxía e Arte Dixital) de Madrid o pasado venres 15 de abril.

O Reto Alcoa é un programa sobre xestión empresarial promovido pola Fundación Alcoa e oreganizaddo pola Fundación Junior Achievement. Consiste nunha simulación virtual de estratexias empresariais; evocando un mundo no que os estudantes son os directores executivos da súa propia empresa. Durante a competición, iniciada en decembro por internet, os alumnos dirixiron a súa propia empresa e tomaron decisións empresariais claves tales como: prezo do produto, niveis de producción, gastos e marketing, gastos de investigacións e desenvolvemento, donacións e porcentaxe de inversión en capital.

Os alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa do IES Perdouro de Burela, acompañados pola súa profesora Ana Belén Martínez, recolleron o galardón de mans de Clara Acebes, Directora de Comunicación Alcoa España, e Blanca Narváez, Directora General Fundación Junior Achievement. Ademais de participar na final presencial, tiveron a oportunidade de acudir a talleres de formación relacionados coas habilidades ou a busca de emprego impartidos por Jaime Elguero, Account Executive de General Electric, e Julio Carlavilla, Director de Comunicación de Citibank.

 

Premio para alumnas de 4º ESO: 3º posto na V Edición da Young Business Talents en Madrid

Un total de 347 estudantes divididos en 100 equipos de toda España déronse cita o pasado venres, 8 de abril, no Palacio Duques de Pastrana en Madrid para participar na final nacional do Young Business Talents, unha competición por Internet organizada por Praxis MMT, NIVEA E ESIC, na que os estudantes desenrolan diversas habilidades como o tratamento da información, o manexo eficaz da tecnoloxía, o traballo en equipo, a elaboración de xuízos e toma de decisións razoadas, etc.

O IES Perdouro de Burela estivo representado polo equipo “BurelaBusiness” composto por 3 alumnas de 4º de ESO: Andrea Barro Rodríguez, Ana Novoa Paz e Aitana Vázquez Cociña e liderado pola súa profesora Ana Belén Martínez Cerdeiras. Despois de tres meses competindo con institutos de toda Galicia, o equipo do IES Perdouro de Burela logrou clasificarse para a final xunto con outros 10 equipos galegos das provincias de Coruña e Pontevedra.

O equipo do IES Perdouro de Burela alcanzou en Madrid na final da competición Young Business Talents o terceiro posto e logrou convertirse no equipo coas mellores empresarias virtuais galegas.

Alumnas de 4ºESO finalistas autonómicas do YoungBusinessTalents

O noso equipo BURELABUSINESS composto polas alumnas de 4°ESO, Andrea Barro, Ana Novoa e Aitana Vázquez, quedaron finalistas autonómicas do YoungBusinessTalents entre máis de 150 equipos.
Na final que se desenvolverá o venres 8 de Abril, participarán 100 equipos de todo España, 11 dos cales son de Galicia.


Moita sorte en Madrid rapazas!

Facemos campaña!!!! #Imaxiña2015

#‎Imaxina2015‬ - Facemos campaña para que votedes ás fotos de:

Rosa dos ventos da nosa alumna de 1º de bach, Tamara Rico Berdeal.

Faro de Punta Roncadoira da nosa ex-alumna, Lucía Rivas.

Dádelle "Gústame" á foto no Facebook de Imdecum.

 

Grazas polo voso apoio. Tedes ata o mércores 16 a medianoite.

Premio ESO para Andrés Quiroga

Andrés Quiroga Rivas, alumno de 1º de Bach, foi recoller o pasado venres 4 de marzo en Santiago de Compostela o seu Premio ESO á superación e esforzo persoal.

Parabéns Andrés!!! Merécelo.

San Xoán Bosco 2016 - finais das competicións deportivas

Campións de San Xoán Bosco 2016. Parabéns rapaces!!!!
 

 Seguir lendo e ver a reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando....

Elena Valle gaña o 2º premio do Certame Trapero Pardo

A nosa alumna de 2º de Bacharelato, Elena Valle García, foi recoller esta tarde, mércores 03 de febreiro, no salón de plenos do Concello de Lugo un dos premios do XXI Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo. Acadou co seu relato "Xogas" o 2º premio na categoría 15-18 anos valorado en 130 euros.  Todos os gañadores recibiron ademais un diploma e un lote de libros. O profesor Castro Castedo, membro do xurado e promotor da iniciativa, fixo unha valoración moi positiva da creatividade literaria dos premiados deste ano e animounos a seguir lendo para seguir escribindo e converterse, quen sabe, nun futuro Cunqueiro, nun Fole ou nun Manuel María.


Noraboa Elena !!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut