Skip to Content

Premio para alumnas de 4º ESO: 3º posto na V Edición da Young Business Talents en Madrid

Un total de 347 estudantes divididos en 100 equipos de toda España déronse cita o pasado venres, 8 de abril, no Palacio Duques de Pastrana en Madrid para participar na final nacional do Young Business Talents, unha competición por Internet organizada por Praxis MMT, NIVEA E ESIC, na que os estudantes desenrolan diversas habilidades como o tratamento da información, o manexo eficaz da tecnoloxía, o traballo en equipo, a elaboración de xuízos e toma de decisións razoadas, etc.

O IES Perdouro de Burela estivo representado polo equipo “BurelaBusiness” composto por 3 alumnas de 4º de ESO: Andrea Barro Rodríguez, Ana Novoa Paz e Aitana Vázquez Cociña e liderado pola súa profesora Ana Belén Martínez Cerdeiras. Despois de tres meses competindo con institutos de toda Galicia, o equipo do IES Perdouro de Burela logrou clasificarse para a final xunto con outros 10 equipos galegos das provincias de Coruña e Pontevedra.

O equipo do IES Perdouro de Burela alcanzou en Madrid na final da competición Young Business Talents o terceiro posto e logrou convertirse no equipo coas mellores empresarias virtuais galegas.



page | by Dr. Radut