4 alumnos do IES Perdouro de Burela recoñecidos entre os mellores expedientes académicos nas probas de acceso á universidade de Galicia.
Leticia de Pedro Martínez, Iria Fernández Rubal, Álvaro Fernández Yáñez e Antía López Galdo, foron os 4 alumnos de 2º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela que superaron a media dun nove nas probas de acceso á universidade deste ano. Os futuros universitarios recolleron nun acto celebrado en Santiago o pasado 4 de xullo o diploma acreditativo do froito do seu esforzo nos estudos.
Mediante este acto de recoñecemento a Universidade de Santiago felicitou aqueles estudantes galegos que acadaron a puntuación de nove ou superior na cualificación da Proba de Acceso á Universidade.
Entre os 704 alumnos de 2º de Bacharelato de toda Galicia coa mellor nota, 104 alumnos e alumnas proceden de Lugo e 4 son do IES Perdouro de Burela!!!!!
O director do centro, Santiago Pérez, comprácese deste recoñecemento ao que se suma toda a comunidade educativa e atribuíu este éxito o esforzo do alumnado ao longo destes últimos dous anos e do bo facer do profesorado do centro.
Parabéns rapaces!!!!