Skip to Content

Premios 2014-2015

Premios Curso 2014-2015

Fomos finalistas do Premio á Acción Maxistral 2015 con "Proxecto Neo"

Acabamos de recibir o noso diploma acreditativo: fomos Finalistas co noso programa de radio educativa "Proxecto Neo", no Premio á Acción Maxistral 2015 na categoría B correspondente ao Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato.

Nesta undécima edición do premio, presentáronse 534 proxectos de profesores e centros escolares de toda España, 39 de Galicia e entre os 7 finalistas autonómicos de Galicia, está o IES Perdouro de Burela.

Seguir lendo no blogue de Perdourando.

Acto recoñecemento mellores estudantes USC 2015

O instituto felicítavos polo éxito acadado co premio de excelencia da Universidade de Santiago de Compostela.
 

Tres alumnas do IES Perdouro recibiron o pasado martes, día 30 de xuño, un recoñecemento aos mellores estudantes de centros de ensino medio de Galicia por parte da Universidade de Santiago de Compostela nun acto que que se celebrou no Auditorio de Galicia en Santiago por ter superado a calificación de 9 na parte xeral das Probas de Acceso á Universiade. 

 
O programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizou este acto para premiar aqueles alumnos de 2º de Bacharelato que acadaron a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40% da cualificación da fase xeral das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.

3 ALUMNAS DE 2º DE BACHARELATO RECOÑECIDAS MELLORES EXPEDIENTES:
    • Cristina Cigarrán Díaz
    • Estela Fernández Cabana
    • Andrea Rega Villarejo
Foron máis de 500 estudantes os que acadaron unha nota igual ou superior a 9 na PAU este ano.
Parabéns Cristina, Estela e Andrea !!!

Entrega de premio dos certames da A.C. Os Matos

O pasado venres 12 de xuño,  entregáronse na biblioteca do IES Perdouro os premios do IX Concurso de relato curto e do VII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “Xogos e xoguetes”.

Na modalidade de relato curto, as composicións gañadoras foron “Xogos e xoguetes” de Marta Porto Rodríguez (4º ESO B) como primeiro premio e “O neno e os xogos do xogueteiro” de Pablo García Cobas (4º ESO A) como segundo premio.

Na modalidade de imaxe, as obras gañadoras foron "A praia dos recordos” de Sara López Alvariño (1º Bach. A) como primeiro premio e "Escapada da infancia” de Lourdes López Pérez  (1º Bach. B) como segundo premio.

.. Ver fotografía no blogue de Perdourando.

Premio para Maka Ledo - Certame Letras Galegas 2015

Macarena Ledo, a nosa alumna de 1º de bach, acada o 1º premio do certame de narración e debuxo infantil "Letras Galegas 2015" convocado pola Biblioteca Municipal de Burela!!!!

Parabéns Maka!!!!!
 

Mención de honra para Antón Mazaira López na Olimpíada Matemática Galega

Antón Mazaira López, alumno de 2º de ESO, participou o xoves 21 de maio na fase final da Olimpíada Matemática Galega, organizada por AGAPEMA. A proba final celebrouse en Lugo no Circulo das Artes. 
 
Mención honorífica para Antón Mazaira López.
 
Moitos parabéns Antón!!!
 

Outro premio para o IES Perdouro!!

IES Perdouro premiado co seu proxecto de innovación en dinamización lingüística "Neofalantes iniciais: da alfabetización á fluidez comunicativa"

Parabéns para os promotores!!! Bernardo e Mª José !!!
 
 
O IES Perdouro felicita aos demáis centros premiados así como aos seus respectivos docentes impulsores :
  • CPI de Navia de Suarna - Lugo
  • CEIP de Frións, CEIP Heroínas de Sálvora de Ribeira - A Coruña
  • IES Rodeira de Cangas - Pontevedra
  • IES da Pobra do Caramiñal - A Coruña 

Parabéns compañeir@s!!!

Diana foi recoller o seu Premio ESO ao Esforzo e Superación Persoal

Diana Gonçalves Sanches, alumna do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, recibiu o pasado 25 de marzo en Santiago o Premio ESO á superación e esforzo persoal.

Parabéns Diana!!!

Premio Literario Minerva 2015

Xoel Xeada Xeada, alumno de 2º de Bach. recibe un accésit nos Premios Minerva na modalidade de Poesía. 

Parabéns Xoel!!!

Recollendo o premio O GALEGO NA ONDA no estudio central da Radio Galega

Os alumnos gañadores do certame O galego na onda, disfrutando do premio en Radio Galega! Momento da entrega dos diplomas.

Gañamos o premio do Galego na Onda

Hoxe xoubemos que o noso equipo de radio formado polos alumnos/as:
  • Viviane Furtado (1º Bac A)
  • Macarena Ledo (1º Bac A)
  • Simón Rouco (1º Bac B)
  • Laura Semedo (1º Bac A)
  • Elena Valle (1º Bac A)
  • Sergio Rivas (1º Bac )
  • Sofu Housni (1º Bac )

resultou gañador do certame "O Galego Na Onda", convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Seguir lendo no blogue de Perdourando

Moitos parabéns para os gañadores/as!!!, e tamén para os promotores da sección de radio do IES Perdouro: Bernardo e Karina!!!

Gañamos!!! 1º premio Podcast Educación sen Fronteira de Educo

Os alumnos de 3º PDC reciben o PREMIO no concurso de creación de Educación Sen Fronteiras chamado Des-Iguais, Voluntariado e interculturalidade

Esto é que o resultado da votación popular publicado na web do concurso:

Categoría Audio 12/17 anos: Porta Aberta do Centro IES Perdouro de Burela (Lugo). Total de votos: 688

 

Alumnos do CM IT gañán o 2º premio no Concurso Galego de Robótica

Rosendo, Christián e Carlos, alumnos de 1º ano do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións gañan o 2º premio do Concurso Galego de Robótica.
 
Noraboa rapaces!!!!!!.
 
... máis no blogue de Perdourando.

Finalista no Concurso de creación Educación Sen Fronteiras

Estamos na fase final do concurso de creación de Educación Sen Fronteiras . Os alumnos de 3º PDC son os realizadores do postcast nominado. Noraboa rapaces!!!!

Ler a nova en Crónica3 

Precisamos do voso apoio neste concurso que promove actitudes de tolerancia e respecto á diversidade cultural entre a comunidade educativa e xuvenil.

Estamos entre os 3 finalistas na sección Postcast. O noso chámase "Porta Aberta". Votade aquí. 

 

San Xoán Bosco 2015

Campións de San Xoán Bosco 2105...
 

Seguir lendo e ver a reportaxe fotográfica en Perdourando....

Marta Porto pasará un ano académico en USA

Marta Porto Rodríguez, alumna de 4º de ESO do IES Perdouro de Burela, recibe unha bolsa High School da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Barrié para cursar o primeiro curso de Bacharelato nos Estados Unidos para o próximo ano. 
 
Marta estará acollida por unha familia americana co obxecto de que o proceso de integración e aprendizaxe da lingua inglesa sexa o máis completo posible.
 
A dotación de cada beca supón o 100 % do curso académico, así como o apoio continuado durante a estancia, a organización das viaxes, aloxamento e manutención durante o curso, así como o correspondiente seguro médico e de accidente. 
Distribuir contido


by Dr. Radut