Skip to Content

1º Premio no Concurso de Robótica para un equipo do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións

O Instituto Galego de Ciencia IGACIENCIA organizou a actividade "A Maxia da Robótica". O VI Concurso Galego de Robótica realizouse durante ao longo desta semana na Fundación Barrié da Coruña. Nesta actividade pretendeuse achegar aos nosos alumnos e alumnas o campo da robótica e aproveitar a súa "maxia" para promover a cultura científica na nosa sociedade galega. Consistiu na programación dun robot  que tiña que superar unha serie de retos.

O primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos, foi acadado polo equipo formado por Francisco Fernández, Joao Landim e Claudemir López. Os tres son alumnos do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións no I.E.S. Perdouro de Burela.

Categoría BAC e Ciclos:

  • 1º premio: IES Perdouro de Burela - 66 puntos e 2 grupos de 55 e 44 puntos
  • 2º premio : IES San Tomé do Freixeiro  - 45 puntos
  • 3º premio: IES Francisco Asorey - 43 puntos 

Seguir lendo en Perdourando.

Noraboa o Fran, Joao e Claudemir!!!!



page | by Dr. Radut