Skip to Content

ENGÁNCHATE AO VOLUNTARIADO!

A través de APES (Asociación para a prevención e educación social) o alumnado de 1º ESO puido asistir esta semana a unha charla impartida por catro persoas reclusas do cárcere de Pereiro na que se falou sobre a importancia do voluntariado como alternativa para favorecer o desenvolvemento e as relacións sociais, desde unha visión positiva e comprometida coa comunidade. Ademais, tamén se insistiu en como o voluntariado é unha ferrramenta eficaz para previr a aparición de condutas de risco, ao mesmo tempo que fomenta hábitos positivos nas persoas. Charla impactante e moi, moi necesaria.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

XACOBEO PEREGRINAS

Onte, 15 de Decembro, arrancaba no Paraninfo do IES Otero Pedrayo a segunda edición do Xacobeo Peregrinas.

A directora de Turismo, Nava Castro, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participaron neste primeiro encontro , unha conversa presentada por Marta Gómez e portagonizada por dúas mulleres referentes na súa traxectoria profesional: LYDIA DEL OLMO, Estrella Michelín, copropietaria do restarurante "Ceibe" de Ourense, e CRISTINA PATO, gaiteira, compositora e pianista galega residente en New York.
 
Toda unha honra para o Otero Pedrayo albergar este tipo de actos
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO ENSINO DE CALIDADE

CLUB DE LECTURA "ALEITANDO". BIBLIOTECA DO IES OTERO PEDRAYO.

Se o club de lectura de adultos foi un éxito, o dos máis pequerrechos aínda o superou! O alumnado de 1º ESO escolleu a Harry Potter para este primeiro trimestre e supuxo que todos e todas nos trasladaramos a Hogwarts. Non faltou o director do centro, nin profes, nin experimentos de maxia, nin corvos nin bruxas...
Foi unha experiencia ben chula que se completará a vindeira semana co visionado do filme.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VISITA Á CATEDRAL DE OURENSE. DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA

O alumnado de Historia da Arte de 2º BAC do Otero Pedrayo realizaba unha completa visita á un dos grandes templos románicos de España: a catedral de Ourense. Que importante é coñecer e pór en valor o noso!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

TERTULIA LITERARIA DE ADULTOS DO OTERO PEDRAYO

Onte á tardiña, xuntabámonos na biblioteca do Otero Pedrayo nais, pais, profes e as nosas amigas-convidadas da Cruz Vermella de Ourense, co escritor JUAN TALLÓN. Pasamos un anaco ben agradable conversando sobre a súa novela REWIND, tan magnífica como sobrecolledora.
A experiencia non puido ser máis positiva e Tallón non puido ser máis próximo, encantador e humilde. Que gusto contar na nosa cidade con escritores da talla literaria e humana de Juan Tallón! Mil grazas por acompañarnos. Todo un luxo para o Otero Pedrayo.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO, ENSINO DE CALIDADE

25N. A VIOLENCIA NO NOVO CONTEXTO DIXITAL

 

Con este obradoiro dirixido ao alumnado de 1º ESO, pechabamos hoxe no IES Otero Pedrayo as V Xornadas contra a violencia.
Grazas ao Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" por concedérnolo; grazas a Pantallas Amigas por ofrecernos unha formación tan interesante e necesaria relacionada coa violencia e o mundo dixital.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ENCONTRO INTERCENTROS DE ATLETISMO

 

Gran campionato do noso alumnado no Encontro Intercentros de Atletismo, celebrado o pasado venres en Expourense.
Non acadamos a victoria na clasificacación xeral, pero competimos moi ben, destacando no relevo mixto onde, empezando de últimos, fomos remontando ata acadar a victoria final nunha emocionantísima carreira.
Que gran experiencia de convivencia deportiva para o noso alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ENCONTRO INTERCENTROS DE ATLETISMO

 

Gran campionato do noso alumnado no Encontro Intercentros de Atletismo, celebrado o pasado venres en Expourense.
Non acadamos a victoria na clasificacación xeral, pero competimos moi ben, destacando no relevo mixto onde, empezando de últimos, fomos remontando ata acadar a victoria final nunha emocionantísima carreira.
Que gran experiencia de convivencia deportiva para o noso alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER

 

Despois dunha intensa semana de actividades contra a violencia, no día de hoxe, 25 de novembro, visibilizamos a conmemoración coa colocación da pancarta na fachada exterior e coa lectura do manifesto e de textos de distintas tipoloxías, sempre co "Pano corado" das Tanxugueiras de fondo. O equipo da Biblioteca, de Normalización Lingüística, de Orientación e o resto dos departamentos colaboraron na confección destas V Xornadas contra a violencia.
Todo é pouco para concienciar, educar, sensibilizar, previr, visibilizar... sobre un tema tan preocupante como este da violencia de xénero. A próxima semana, seguimos!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

25N. NON CALAR, de Trécola Teatro

 
Nas xornadas contra a violencia do Otero Pedrayo, sempre ten cabida o teatro. Este ano, grazas á Concellaría de Igualdade, o alumnado de 1º BAC puido asistir a unha fantástica proposta de Trécola Teatro, centrada en diferentes sketchs relacionados con xénero e un fructífero debate no que o noso alumnado mostrou dúbidas, inquedanzas, diferentes puntos de vista...
Que necesarias son estas propostas! No Otero Pedrayo, non calamos.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut