Skip to Content

21M, DÍA DA POESÍA

 

Onte foi o Día Mundial da Poesía e no Otero Pedrayo lémola, sentímola e gozámola: de creación propia do noso alumnado, profesorado e de poetas ourensás novas: Zaira Ferradás e María Rosa Fernández Araújo.
Foron dous actos ben bonitos os organizados desde a nosa Biblioteca!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

BOLSAS DE ESTUDOS, CONVOCATORIA XERAL 2023/24

Bolsas de Estudos , convocatoria Xeral 2023/24,  Ministerio de Educación e Formación Profesional

Prazo de presentación de solicitudes do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023

Para acceder a toda a información da convocatoria fai clic aquí.

SEMANA BRANCA

A fin de semana pasada regresaba o noso alumnado de 1º BAC da súa viaxe a Sierra Nevada, onde puido gozar dun completo curso de esquí e no que tamén tivo tempo para visitar a sempre fermosa Granada.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

"TI SI QUE ES UN BO PEIXE"

A través do Plan Proxecta de Innovación Educativa "Aliméntate ben", puido o noso alumnado gozar dunha charla ben interesante sobre o mundo do mar. Dun xeito moi ameno e entretido, con baile incluído, coñeceron tipos de embarcacións, artes de pesca, e multitude de peixes que viven nas augas mariñas... Moi interesante!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

RECICLOS

O pasado luns, o alumnado de Ciencias de Terra de 2º BAC participou na campaña Reciclos da Xunta de Galicia e Ecoembes, centrada na reciclaxe dos envases que van aos colectores amarelos. Remataron a actividade encantados e encantadas co seu paraugas amarelo de agasallo!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

14M, DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

Desde o 2019, a UNESCO declarou o 14 de marzo como o Día Internacional das Matemáticas que, en moitos países e dende hai moito tempo, xa se viña celebrando como do Día de Pi (14 de marzo (3/14).
O Departamento de Matemáticas do Otero organizou diferentes actos arredor desta data:
- Exposición en banda deseñada de "Mulleres matemáticas ao longo da historia", facendo coincidir a inauguración co Día da Muller.
- Conferencia da matemática Rosa M. Crujeiras, directora do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMaga).
- "Outras matemáticas": obradoiros de papiroflexia, fractais, pasatempos, lecturas...
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PARÍS

Con todas as visitas preparadas de antemán, cun completo caderno de traballo e, o máis importante, con toda a ilusión do mundo, collía o avión hoxe pola mañá o noso alumnado de Francés de 1º BAC cara a "ville lumière". Seguro vai ser unha semana inesquecible! París nunca defrauda.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VOLAMOS CON NÚMEROS

Se hai unha actividade que lle gusta ao noso alumnado, é a que nos ofrece a Aula Newton da Tecnópole de Ourense.
O estudantado recibe unha misión do "Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e debe colaborar na observación de diversas ubicacións de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer prioridades das misións de rescate.
O alumnado planifica os seus propios vos, preparándose realizando cálculos matemáticos con unidades, distancia, velocidade e tempo, para aprender a manexar correctamente a navegación.
Traballa en parella (tripulacións) e debe cumplir a súa misión realizando un vo nun simulador de vo avanzado. Toda unha experiencia!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

TUI

O alumnado de Relixión de 1º BAC puido gozar o pasado luns dunha completa visita á catedral de Tui, complementada cun paseo pola cidade olívica.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PUEBLA DE SANABRIA

Sanabria foi o destino escollido polo noso alumnado de 1º BAC de Valores Éticos para a súa saída do luns pasado; puideron visitar o Castelo, a propia vila e o lago, nun día solleiro que acrecentou a fermosura do propio lugar.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut