No magosto do Otero Pedrayo nos nos faltou de nada:
- Obradoiro de zonchos, organizado polo EDL e con moita, moita participación. Que guapos lucimos cos colares das castañas cocidas. E canto aprendemos!
- Concurso-degustación de sobremesas de outono: a tarefa do xurado foi complicada, porque escoller a mellor sobremesa entre tanta excelencia... Parabéns para Gabriela Fernández, de 1º BAC, por esa delicatessen de trufas!
- Xogos populares. Nun magosto non poden faltar os nosos xogos de sempre (brilé, tirasoga, pano, carreiras...) e non hai ninguén que os organice mellor ca o Departemento de Educación Física.
- E, como non, non faltaron as castañas. Ata o tempo nos deu unha tregua para comelas a gusto no patio exterior.
- E aínda nos deu para entregar os premios aos mellores relatos de medo do Samaín, concurso organizado tamén polo EDL.
Que marabilla de xornada! Que viva o magosto!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.