O xoves 28 de novembro, tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ourense, a entrega de premios aos centros educativos con maior participación na pasada edición da Carreira do San Martiño.
Nesta entrega estivo presente o IES Otero Pedrayo, que recolleu o galardón por ser o sexto centro educativo en participación. Parabéns ao noso alumnado polo éxito acadado, esperamos que sexa un aliciente para incrementar a práctica deportiva saudable entre toda a comunidade educativa.