Non hai un final de curso que se preste sen actividade deportiva. E os resultados da olimpíada de onte estiveron moi, moi axustados, cun empate na final entre 3º ESO C e 4º ESO A.
A rapazada puxo todo da súa parte nas competicións de volei, floorball, baloncesto e brilé. Pasárono xenial.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Padel, windsurf, vela, kayak ou o barco dragón foron algunhas das modalidades náuticas que gozou o noso alumnado de 4º ESO C e 1º BAC E o pasado xoves en Castrelo. Canto aprenderon e que ben o pasaron! Grazas á Concellaría de Educación por ofrecernos actividades tan, tan chulas.
IES OTERO PEDRAYO. ENISNO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Excelente a participación do noso alumnado no encontro celebrado en Expourense con centros de toda a provincia, quedando CAMPIÓNS deste primeiro encontro de atletismo. Parabéns, rapaces e rapazas! Parabéns, departamento de Educación Física!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
A fin de semana pasada regresaba o noso alumnado de 1º BAC da súa viaxe a Sierra Nevada, onde puido gozar dun completo curso de esquí e no que tamén tivo tempo para visitar a sempre fermosa Granada.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
A través do Plan Proxecta de Innovación Educativa "Aliméntate ben", puido o noso alumnado gozar dunha charla ben interesante sobre o mundo do mar. Dun xeito moi ameno e entretido, con baile incluído, coñeceron tipos de embarcacións, artes de pesca, e multitude de peixes que viven nas augas mariñas... Moi interesante!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
E chegou o día grande de Entroido no IES Otero Pedrayo! Se esta data é xa para festexar, este ano foi por partida dobre xa que, por fin, puidemos retomar esta actividade tan bonita como é o Entroido interxeracional.
Persoas maiores do Centro Interxeracional da Farixa integráronse nas comparsas do noso alumnado da ESO e o resultado non puido ser máis enriquecedor. Prepararon o disfraz xuntos, o desfile e a coreografía para o concurso que hoxe pola mañá se celebrou no exterior do noso instituto. Porque sabemos que a convivencia e o traballo en conxunto é o mellor antídoto contra toda esa serie de prexuizos relacionados coa idade. Fóra idadismos!
Toda a xornada foi de maxia, alegría e música. Participaron todos os grupos da ESO e 1º BAC; puidemos ver a rockeiros, "playeros" ou futboleiros; asistimos a unha misa cun atraco final, fomos de enterro da sardiña, trasladámonos a Grecia e tamén aos anos 20; non faltou a festa de pixamas, os clásicos piratas ou os vaqueiros e vaqueiras do Oeste. E moito, moito máis.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Gran campionato do noso alumnado no Encontro Intercentros de Atletismo, celebrado o pasado venres en Expourense.
Non acadamos a victoria na clasificacación xeral, pero competimos moi ben, destacando no relevo mixto onde, empezando de últimos, fomos remontando ata acadar a victoria final nunha emocionantísima carreira.
Que gran experiencia de convivencia deportiva para o noso alumnado!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Gran campionato do noso alumnado no Encontro Intercentros de Atletismo, celebrado o pasado venres en Expourense.
Non acadamos a victoria na clasificacación xeral, pero competimos moi ben, destacando no relevo mixto onde, empezando de últimos, fomos remontando ata acadar a victoria final nunha emocionantísima carreira.
Que gran experiencia de convivencia deportiva para o noso alumnado!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
As castañas, os bolos preñados e os xogos populares non poden faltar nun bo magosto e, desde logo, que non o fixeron no do Otero Pedrayo.
O alumnado gozou da mañá solleira de hoxe participando nas diferentes eliminatorias de brilé, soga-tira, pano e carreiras de relevos, repondo forzas cun bocata de chourizo e unhas boas castañas.
Grazas ao Departamento de Educación Física pola magnífica organización.
Magosto, festa de noso!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Grazas á Consellaría do Mar e co obxectivo de transmitir a importancia dos produtos en conserva, do peixe e do marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, o noso alumnado de 1º ESO puido gozar hoxe dunha charla ben entretida, que rematou cun súper bocata de sardiñas, queixo e ensalada! Boíiiiiiisimo!