Skip to Content

Filosofía

PROGRAMACIÓN DEPARTAMENTO FILOSOFÍA CURSO 23/24

MEMBROS DEPARTAMENTO FILOSOFÍA CURSO 2024/25

  • D. Antonio Fernández Seoane (Xefe de Departamento).

  • Dona Rebeca Baceiredo Pérez

  • D. Eloy Hervella González

  • Dona María Soledad Rodríguez Vázquez.

 

AGROECOLOXÍA LABREGA

AGROECOLOXÍA LABREGA. UNHA ALTERNATIVA SUSTENTABLE AO PARADIGMA DE PROGRESO DO SISTEMA AGROALIMENTARIO INDUSTRIAL E GLOBAL.
O pasado xoves, Sergio Sánchez Taboada achegábase ao noso centro para falarlle ao alumnado de 1º BAC sobre a relación entre os modos de cultivo e produción alimentaria industrial capitalista e ecolóxico, ilustrando a relación entre eles e as súas consecuencias ecolóxicas (para a biosfera), económicas e de saúde (para o consumidor).

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

COÑECERSE A UN MESMO. A IMPORTANCIA DE ENFRONTARSE AO TEU OUTRO LADO

 

Despois da primeira charla no mes de xaneiro co alumnado de 1º BAC, este martes, o doutor en Filosofía Abraham Rubín, da UVigo, volveu visitar o IES Otero Pedrayo para falarlle ao alumnado de Psicoloxía de 2º BAC sobre autocoñecemento.
Explicoulle como, pasada a fase de espello (Lacan), o inconsciente proxéctase sobre outras persoas á procura de modelos e, dese xeito, vaise construíndo a identidade persoal, deixando fóra aqueles caracteres desagradables que non recoñecemos como propios e detestamos nos demais (a sombra tal e como a definiría Jung). O ponente debuxou con claridade este proceso de autoidentificación, a súa relación co mundo virtual e a necesidade de asumir na consciencia a sombra para non caermos presos da impulsividade.
Todo un privilexio para o Otero Pedrayo poder contar de novo contigo, Abraham. Grazas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

COÑECERSE A UN MESMO. A IMPORTANCIA DE ENFRONTARSE AO TEU OUTRO LADO

O doutor en Filosofía, Abraham Rubín, da UVigo, invitou ao noso alumnado de 1º BAC ao autocoñecemento. Pasada a fase de espello (Lacan), o inconsciente proxéctase sobre outras persoas á procura de modelos e, dese xeito, vaise construíndo a identidade persoal, deixando fóra aqueles caracteres desagradables que non recoñecemos como propios e detestamos nos demais (a sombra tal e como a definiría Jung). O ponente debuxou con claridade este proceso de autoidentificación, a súa relación co mundo virtual e a necesidade de asumir na consciencia a sombra para non caermos presos da impulsividade.
Todo un privilexio para o Otero Pedrayo poder contar contigo, Abraham. Grazas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

FILOSOFÍA E MOVEMENTO

O alumnado de 1º BAC puido gozar dun obradoiro centrado en agudizar a súa conciencia corporal e cinética, con reflexións filosóficas sobre corpo e movemento. Foi impartido polo bailarín e coreógrafo Javier Martín. Todo un privilexio!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE FILOSOFÍA

Tres alumnas de 1º BAC do IES Otero Pedrayo participaban o pasado venres, 20 de xaneiro, na última edición da Olimpíada filosófica, celebrada na facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Un ano máis, foi un lugar de encontro para o alumnado que desexa facer do exercicio do pensamento libre non só unha obriga escolar, senón máis ben unha forma de vida.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ÉTICA ANIMAL

Onte, Paula Labrador visitou o noso centro para darlle ao alumnado de 3º ESO unha charla ben interesante sobre ética animal, na que insistiu na idea de que os animais senten, os animais sofren, os animais necesítannos. E nós temos a obriga moral de actuar para facer do mundo un lugar máis xusto.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CURSO 22/23

Distribuir contido


by Dr. Radut