Skip to Content

Inglés

PROGRAMACIÓN DPTO. DE INGLÉS CURSO 24/25

MEMBROS DEPARTAMENTO INGLÉS CURSO 2024/25

  • Dona Belén Pérez Yáñez (Xefa de Departamento)

  • D. Juan Aguado Vázquez

  • Dona Margarita Alfonso Rodríguez

  • Dona Paula Álvarez Gasca

  • Dona Irene Arroyo Claro

  • Dona Ángela Garrido Ledo

  • Dona Raquel Saa González

ACREDITACIÓN DE NIVEL EN LINGUA ESTRANXEIRA

O pasado xoves, celebramos no Paraninfo do Otero Pedrayo un pequeno acto no que fixemos entrega de diplomas a aquel alumnado que conseguiu o B1, B2 ou C1 nas probas de acreditación de nivel en lingua estranxeira (inglés ou francés) celebradas no noso centro. Parabéns a todos/todas eles/elas!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN LINGÜÍSTICA

O pasado sábado tivemos no Otero Pedrayo as probas para certificar nivel de linguas, tanto en Inglés como en Francés. Foron, en total, 40 alumnos e alumnas de 2º BAC os que se presentaron e agora esperan ansiosos por ver o nivel acadado. Será un B1? B2? Será un C1?
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

THREE STORIES OF SCOTLAND

O alumnado de 3º ESO acudiu este mércores ao auditorio á representación teatral en inglés de tres historias ambientadas na Escocia do século XIII: un drama, unha comedia e unha traxedia, inspiradas na guerra da independencia de Escocia, de Robert de Bruce e William Wallace. Unha vez rematada a obra, puideron manter un coloquio cos actores e actrices.
Grazas á Concellaría de Educación por ofrecernos esta marabilla de actividade.
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

AUXILIARES DE CONVERSA

O pasado luns, 16 de outubro, as xefas dos departamentos de linguas estranxeiras, Susana Iglesias e Belén P. Yáñez, acompañadas das nosas asistentas de linguas Shanieya Harry (inglés) e Salomé Martín (francés) asistían á presentación oficial dos auxiliares de conversa en Santiago de Compostela.

 

Alí recibiron a benvida do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e puideron intercambiar experiencias con outros compañeiros e compañeiras dos programas de apoio e reforzo ás linguas estranxeiras.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ENTREGA DE CERTIFICADOS DE NIVEL DE INGLÉS

 
O Paraninfo do Otero Pedrayo acollía onte a entrega dos certificados das probas de nivel de Inglés. Parabéns aos 48 alumnos e alumnas que participaron e obtiveron resultados magníficos. Parabéns, tamén, ao Departamento de Inglés pola súa implicación e o seu traballo.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

LONDRES

O destino escollido para a viaxe de fin de curso de 4º ESO é xa un clásico: Londres. Á rapazada encántalle visitar a cidade inglesa!
Percorreron os lugares máis emblemáticos (o Big Ben, a Ponte e Torre de Londres, Candem, Covent Garden, St. Paul´s, parques, museos... )
Foi unha viaxe moi completa, divertida e con mil aventuras. Unha experiencia máis de vida!
 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

THREE STORIES OF ENGLAND

 

Este foi o título da peza teatral en inglés á que hoxe asistiu o alumnado de 3º ESO, representada no Auditorio provincial.
No Otero sabemos que o teatro sempre é unha fantástica ferramenta lúdica e pedagóxica para estimular a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, e tamén para dar a coñecer autores e obras da literatura inglesa; de aí que o noso alumnado participe sempre destas magnníficas oportunidades que nos brinda a Concellaría de Educación do Concello de Ourense. A seguinte cita será en marzo... e en francés! Alí estaremos.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DESPEDIDA DA LECTORA DE INGLÉS

 

Co final de curso, chegan as despedidas. Neste caso, foi a da nosa lectora de inglés, Lorena Terroba Urruchúa, que a semana pasada lle dicía un "ata logo" ao Otero Pedrayo.
Mil grazas, Lorena, pola túa disposición, o teu traballo e a túa alegría. Foi un pracer.
Distribuir contido


by Dr. Radut