Skip to Content

Física e Química

PROGRAMACIÓN DPTO. FÍSICA E QUÍMICA 24/25

MEMBROS DEPARTAMENTO FQ CURSO 2023/24

  • D. José Miguel López Rodríguez (Xefe de Departamento)

  • Dona Yolanda Domarco López.

  • Dona Mª Jesús Cortés Ferreiro

  • Dona Rosa Fernández Vázquez

PREMIOS OLIMPÍADA DE QUÍMICA

A pasada semana, o profesor de Química do Otero Pedrayo, Miguel López, acompañaba a dous dos seus alumunos á Facultade de Ciencias da Coruña para recoller os extraordinarios premios acadados na fase autonómica da Olimpíada de Química: IAGO GÓMEZ VASALO conseguía un 4º premio e XOEL CID MOJÓN alzábase co 2º premio, clasificándose para a Olimpíada española de Química. Parabéns! Orgullo de alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE QUÍMICA ENTREGA DE DIPLOMAS

 

O alumnado do Otero Pedrayo participante na XXXIX Olimpíada de Química acudía o pasado venres a Compostela, á Aula Magna da Facultade de Química. ao acto de entrega de galardóns.
Previamente ao acto, realizouse unha visita polos laboratorios do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS).
Orgullo de alumnado!


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

OLIMPÍADA DE QUÍMICA. FASE GALEGA.

Dos 139 alumnos e alumnas da demarcación da Universidade de Vigo que se presentaron o pasado día 18 á XXXIX Olimpíada de Química, cinco ourensáns quedaron nos seis primeiros postos e, deses cinco, tres son do IES OTERO PEDRAYO.
Parabéns a IRIA AÑEL DÍAZ por ese 6º posto, MARCOS FERNÁNDEZ BARANDELA por acadar a quinta posición e parabéns tamén a LEILA DURÁN TRAVESO, que conseguiu un segundo posto que a leva directa á FASE NACIONAL da OLIMPÍADA.
Por último, e non menos importante, grazas ao departamento de Química polo excelente traballo realizado. Grazas Miguel López.
Orgullo de alumnado! Orgullo de profesorado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE QUÍMICA

O venres pasado, na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, levábase a cabo a fase provincial da Olimpíada de Química, na que estivo presente o noso centro a través de seis dos nosos alumnos e alumnas de 2º BAC. Sempre é unha satisfacción ser partícipes nestas probas; agora, toca esperar polos resultados!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 22/23

PREMIOS OLIMPÍADA DE QUÍMICA

 

O pasado venres, Adrián Vázquez, Marta Reino, Eva Espinosa e Patricia Popescu viaxaban á Facultade de Química de Vigo na que, despois de ter unha hora de experiencias de laboratorio, recolleron os diplomas de participación na Olimpíada de Química.
No mesmo acto, foron entregados os galardóns a ADRIÁN VÁZQUEZ e MARTA REINO, gañador e gañadora da Olimpíada no distrito de Vigo. Parabéns, unha vez máis!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

FASE NACIONAL DA OLIMPIADA DE QUÍMICA

 
O IES Otero Pedrayo, grazas ao magnífico traballo de ADRIÁN VÁZQUEZ e MARTA REINO, clasifícase para a Fase Nacional da Olimpíada de Química 2021!
É un orgullo contar con catro alumno e alumnas do Otero Pedrayo ( Adrián Vázquez, Marta Reino, Nerea Vilas e Eva Espinosa) entre os seis mellores clasificados da Universidade de Vigo.
Parabéns ao noso alumnado e parabéns ao Departamento de Química, en concreto ao profesor José Miguel López, polo seu estupendo traballo.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OLIMPÍADA DE QUÍMICA

Nerea Vilas, Diego Sánchez, Eva Espinosa, Marta Reino e Adrián Vázquez representaron hoxe ao IES OTERO PEDRAYO na Olimpíada de Química. O esforzo, o traballo e a ilusión que poñen os nosos rapaces e rapazas en cada actividade na que participan é incrible. Parabéns! Orgullosos/as do noso alumnado.

Nova no Faro de Vigo

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut