Skip to Content

Grego

PROGRAMACIÓNES DPTO. GREGO CURSO 23/24

MEMBROS DEPARTAMENTO GREGO CURSO 2023/24

  • Dona Ana Gloria Rodríguez Alonso (Xefa de Departamento).

 

OLIMPÍADA DE GREGO

 

A pasada semana, Lucía González, Nicolás Ferreira e Sebastián Rodríguez, de 2º BAC, participaban na Olimpíada de Grego desenvolvida na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Toda unha experiencia para o noso alumnado pre-universitario!


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

OURENSE NO TEMPO

 

O alumnado de 3º Cultura Clásica e 4º Proxecto Competencial facía unha visita guiada o pasado luns á exposición "Ourense no tempo" que, a través de 150 pezas, `explora a nosa cidade desde as súas orixes ata a actualidade, combinando obxectos de alta cultura e cotiás, obras de arte, documentación histórica, mapas e planos, recreacións virtuais, fotografías e publicacións.´
Que sorpresa levou o noso alumnado ao ver que unha desas 150 pezas pertence ao noso instituto: o home clástico fabricado nos prestixiosos talleres do médico francés Louis Auzoux a principios do século XIX. Este modelo anatómico foi mercada polo centro en 1878 e é unha auténtica obra mestra, xa que é totalmente desmontable e ten sinaladas sobre o corpo o nome de 2000 partes diferentes. Permite separar as vísceras e mostra multitude de detalles e cortes feitos con grande precisión e exactitude.
Convidámosvos a que visitedes esta magnífica exposición. De verdade que paga a pena.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VIAXE A ITALIA

 

Alumnado de Humanidades de 1º BAC participou, xunto con outros oito institutos galegos, na viaxe a Italia organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos.
Foron oito días marabillosos, cheos de emocións e de moita aprendizaxe, nos que visitaron os principais lugares de Roma e saborearon o ambiente da cidade eterna; chegaron ata Capua, Nápoles, Pompeia e Herculano, Cumas e a menos coñecida e espectacular Pozzuoli.
Ao regreso, as súas caras sorrintes e algunhas bágoas pola separción das novas amizades eran a proba de que os esforzos das súas familias, da organización, dos centros, pagaran a pena.
Unha viaxe inesquecible.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

A MULLER NA ANTIGÜIDADE GREGA

 

O alumnado de 1º BAC de Grego tivo a honra de escoitar á catedrática de Historia Antiga da Universidade de Vigo, Susana Reboreda, falarlle sobre a situación da mulller na antiga Grecia.
A partir das fontes tanto escritas como iconográficas e arqueolóxicas, achegounos á vida das mulleres, tan diferente á dos homes desde o nacemento ata a morte. O só feito de falar delas xa é un paso adiante!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

NAS TERRAS DOS QUERQUENNOS

O pasado xoves, un afoutado grupo de alumnas e alumnos do IES Otero Pedrayo adentrouse nas terras dos Querquennos, sen medo á choiva, con ansia de coñecer máis sobre o noso pasado romano.
Alí acolleunos Eva, no Centro de Interpretación, onde aprendemos como era facer unha viaxe no séc. I d.C., época na que se construíu o campamento romano que albergaba, segundo os últimos estudos, unha cohorte da Legio VII Germina. Tamén houbo tempo de que o equipo das Venus vencese ao das Artemisas no xogo da Via Nova.
Achegámonos ao campamento e puidemos ver os últimos avances nas excavacións, o praetorium, aínda que a choiva foi repentinamente a máis e impediunos ver con detallo o traballo dos arqueólogos que tiveran que parar de traballar.
En Santa Comba agardábanos a señora Isabel para explicarnos este tesouro do noso patrimonio, construído con cachos do campamento romano: había que aproveitar o material!
Unha viaxe moi interesante! Grazas ao Departamento de Grego e á incansable Ana Gloria pola súa organización.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PRESENTACIÓN "GANA DE SIMETRÍAS"

O pasado mércores, o Paraninfo do IES Otero Pedrayo acollía a presentación da Carpeta de gravados de Xosé Poldras, cunha tradución de Sófocles a cargo da nosa compañeira Ana Goria Rodríguez Alonso e unha análise científica dos efectos do cambio climático en Ridimoas de Pablo Rodríguez Fernández.
Presentou a Xosé Poldras Susana Bayo, investigadora e meteoróloga, que tamén falou sobre o cambio climático.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O PAPEL DA MULLER NA DEMOCRACIA ATENIENSE

Susana Reboreda, profesora de Historia Antiga na UVigo, Campus Ourense, especialista na muller no mundo antigo, impartiu unha charla para o alumnado de 1º BAC Humanidades na que nos fixo reflexionar sobre aspectos da vida das mulleres que se consolidaron ao longo da historia e que non está sendo doado desbotar das nosas sociedades democráticas.
Partindo de fontes escritas, materiais e iconográficas, describiu o papel das mulleres dende a súa creación segundo a Mitoloxía ata a consolidación da democracia no sec. V a.C.; sempre relegada ao fogar, aos coidados e a outros traballos pouco recoñecidos.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VIAXE A GRECIA: OPERACIÓN ALEXANDROS

 

 

Aquí queda unha pequena mostra do paso do noso alumnado pola Grecia clásica: Delfos, Kalambaka-Meteora, Tesalónica, Volos e Atenas. Que semana tan intensa! Que viaxe máis marabillosa!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut