A decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, HELENA VÁZAQUEZ CENDÓN, visitou hoxe o IES Otero Pedrayo para dar a conferencia "As matemáticas dunha ourensá: paixón, docencia e simulación". Estivo brillante!
Ademais, puido ver a exposición "Con M de Matemática" que loce no corredor central do noso instituto, confeccionada polo alumnado da ESO, acompañada do noso alumnado.
Por último, tivo encontro con todos os nosos rapaces e rapazas que cursan matemáticas, recorreu as aulas e falou con eles. Todo un luxo para o Otero Pedrayo.
A actividade enmárcase dentro da programación do DÍA DAS MATEMÁTICAS, que se celebrará o próximo luns, 14 de marzo.
Grazas ao Departamento de Matemáticas polo seu bo facer. Sempre.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE