Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

PROGRAMACIÓNS DPTO. LINGUA GALEGA CURSO 24/25

MEMBROS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA CURSO 2024/25

  • D. Constantino Pazos Sobrino (Xefe de Departamento).

  • Dona Bibiana Martínez Valladares.

  • Dona María Elvira Moroño Suárez

  • Dona Natividade Pazos Borrajo.

  • Dona Olga Quintana Devesa.

  • Dona Remedios Sánchez Estévez

  • D. Enzo Sarmiento Soto

4º CERTAME DE RELATOS DE MISTERIO E TERROR "O RÍO LEVABA UNS OLLOS"

Velaquí as bases do 4° CERTAME DE RELATOS DO SAMAÍN do IES Otero Pedrayo.
Deixamos o enlace ao Dicionario dos seres míticos Galegos onde atoparedes seres, ritos e lugares do Alén e do Máis Alá.https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=1&id=131
Esperamos os vosos relatos!!!

CONCURSO LUÍSA VILLALTA. LETRAS 2024

E onte, foron entregados os premios aos afortunados no CONCURSO LUÍSA VILLALTA. LETRAS 2024.
Edgar e Sara, alumno e alumna de 4 e 3 °da ESO e Anxo e Abiel, ambos de 1 °ESO recibiron cadanseu agasallo.
O noso agradecemento a todo o alumnado que colaborou montando o Taboleiro, ás mans inocentes que elixiron aos premiados e por suposto a todos os alumnos e profes que participaron no concurso.
Que vivan as nosas LETRAS, as NOSAS ESCRITORAS e nós seguiremos a celebralas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

LETRAS GALEGAS 2024

 

 

No mes das Letras Galegas, visitou o noso centro Paula Carballeira, gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023; participamos na maior festa da lingua, o Correlingua, con música no Auditorio, camiñata pola zona histórica da cidade e concurso de pancartas e, como non, celebramos á autora homenaxeada co concurso que sobre Luisa Villalta nos organizou o noso EDL, coa exposición sobre a súa vida e obra e coa lectura dos seus poemas acompañados, como non podía ser doutra maneira, polo instrumento que ela tanto amou: o violín.
Seguiremos celebrando as nosas letras. Seguiremos celebrando a nosa lingua.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

DÍA DE ROSALÍA

Coa alborada de Rosalía a violín máis voz, a lectura do manifesto e unha segunda alborada a gaita celebramos no IES Otero Pedrayo os 187 anos do nacemento da nosa autora máis universal.
No Otero, sempre con Rosalía.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

XIMNASIO LÉXICO

Grazas ás xestións do profe Henrique Sánchez, o alumnado do IES Otero Pedrayo tivo a honra de testar xa hai uns meses o "Ximnasio léxico", unha aplicación baseada no Diccionario da RAG coa que xogamos e aprendemos ao mesmo tempo.
Esta semana estreouse a aplicación, polo que vos animamos a que a descarguedes e... a xogar! (podes clicar na imaxe para probala).

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

REVISTA RAÑOLAS 2022-23

Xa temos no IES a Revista Rañolas 22/23!

Nas súas páxinas atoparedes algunhas das actividades e proxectos que se realizan no centro, entrevistas, diarios de viaxes, creación literaria de alumnos e profesores, artigos nos que latexa a grande figura de Otero e a propia historia do centro e máis!

Agradecementos para todos os colaboradores e colaboradoras que foron moitos e aos que lle faremos chegar o seu exemplar.

Para acceder á publicación fai clic na imaxe, debido ao tamaño tivemos que poñelo en dous documentos.

RAÑOLAS I

 

 

RAÑOLAS II

 

ROTEIROS LITERARIOS CON ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN

Dentro da programación das nosas letras, o alumnado de 4º ESO e 1ª BAC realizou a semana pasada varias probas de orientación centradas en dúas das rutas literarias que nos ofrece a cidade de Ourense: a de Carlos Casares e a da Esmorga, de Blanco Amor.
Literatura e deporte xunguidas e cun resultado espectacular.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LETRAS GALEGAS I

Todo o ano están as letras galegas no Otero Pedrayo pero, estes días, con moiiiiiiiiita máis intensidade.
Onte mesmo xogamos con elas, a través do noso concurso- exposición; escoitámolas, co escritor Pedro Feijoo e, ata as comemos!, nunha riquísima sopa de letras cociñada polo Departamento de Dinamización Lingüística (sobra dicir que quedou a pota limpa!)

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut