Skip to Content

Lingua Galega e Literatura

QUEN VÉN SENDO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?

Hoxe o alumnado do Equipo de Lingua montou a Exposición/Concurso das Letras Galegas "Quen vén sendo Francisco Fernández del Riego", o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Os 10 carteis realizados polos alumnos do @iescastelao IES Castelao de Vigo achégannos información sobre este "obreiro do galeguismo". Tedes as normas para participardes neste mesmo taboleiro ademais de nas aulas. Animádevos a participar! Estamos seguras de que será unha experiencia na que aprenderedes e vos divertiredes! E haberá premios, abofé !

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

25 DE ABRIL

Onte, cantando ao Zeca, lembramos no Otero Pedrayo a Revoluçao dos Cravos, que puxo fin á ditadura de António Oliveira Salazar. Porque hai datas que son para celebrar... 25 de abril SEMPRE.

OTERO PEDRAYO OURENSE, ENSINO PÚBLICO , ENSINO DE CALIDADE

ROTEIRO LITERARIO POR OURENSE.

O alumnado de 3º ESO puido gozar dun paseo urbano para descubrir algúns dos espazos clave do Ourense literario: escritores, artistas, escenarios de novela, xornais... Todo unha ledicia!
Grazas á Concellaría de Educación por ofertarnos esta marabilla de actividade.

 

IES OTERO PEDRAYOL ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ANDREA MACEIRAS

O alumnado de 2º ESO leu no pasado trimestre a novela `Que me pare o corazón se te esquezo´ e tivo a sorte de coñecer e falar coa súa autora, Andrea Maceiras, que visitou o noso centro. Foi unha charla amena, divertida e que nos deixou a todos e a todas con ganas de ler máis dela.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

21M, DÍA DA POESÍA

 

Onte foi o Día Mundial da Poesía e no Otero Pedrayo lémola, sentímola e gozámola: de creación propia do noso alumnado, profesorado e de poetas ourensás novas: Zaira Ferradás e María Rosa Fernández Araújo.
Foron dous actos ben bonitos os organizados desde a nosa Biblioteca!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SEMPRE ROSALÍA

A festa a Rosalía continuou hoxe no Otero Pedrayo cun Caldiño de Gloria que nos "soupo que la mar", como nos cantou a autora.
Grazas Manuela Quintana Devesa polo teu bo facer e o corazón que lle pos a todo o que tocas.
O caldo estivo acompañado da lectura do poema "Miña casiña, meu lar", no que Rosalía explica como facer este caldo humilde.
Canto gozou a rapazada (e non tan rapazada!)

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

23F DÍA DE ROSALÍA

No día de Rosalía, no Otero Pedrayo plantamos pensamentos e lemos ese manifesto tan de corazón que Carme Adán escribiu para a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Mañá faremos lectura do "Caldo de Gloria" e degustaremos o noso caldiño, que seguro saberá a gloria.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

26 DE SETEMBRO: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

O IES Otero Pedrayo, a través das actividades propostas desde Biblioteca, únese á conmemoración proposta polo Consello de Europa do Día europeo das linguas co obxectivo de pór en valor a diversidade lingüística. As linguas sempre suman. Sempre.
“Os 46 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 700 millóns de europeos a aprender outras linguas. Convencidos de que a diversidade lingüística é unha ferramenta clave para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo.”
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CINEMAPALLEIRISO en CHANTADA

 

O pasado luns, o alumnado de 1° e 2° da ESO do IES Otero Pedrayo viaxaba a Chantada para coñecer o Cinema Palleiriso de Anxo Moure. Proxeccións nunha palleira, clases de malabarística, comida en Carballolandia, baños de bosque e un xeado en Belesar foron as actividades que tanto lles prestaron nunha xornada que conxugou educación cultural e ambiental.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CONCURSO "QUEN VÉN SENDO FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN?"

 

A coordinadora do EDNL do Otero Pedrayo, Elvira Moroño, facía onte entrega dos premios ás gañadoras do concurso "Quen vén sendo Florencio Delgado Gurriarán?, convocado polas Letras Galegas 2022. Sabela Oterino Baltar, de 2º BAC C e Irene González Bóveda, de 1º ESO B foron as afortundas. Parabéns.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE. 
Distribuir contido


by Dr. Radut