Na súa viaxe de fin de curso, o alumnado de 4º ESO disfruta estes días da capital británica: Londres.
St Paul´s Cathedral, City, Tower of London, London Bridge, Tate Modern, National Gallery, Trafalgar Square, Buckingham Palace, Big Ben, Wetminster Abbey, Picadilly Circus... son algúns dos lugares xa visitados... e aínda quedan dous días! Aínda queda moito por ver! Que importantes e didácticos son este tipo de viaxes. E que felices están os nosos rapaces e rapazas!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Foi ben bonita a homenaxe floral que a semana pasada, co gallo dos 136 anos do nacemento de Otero Pedrayo (5. marzo. 1888), o noso alumnado de 4º ESO fixo diante da súa figura, na praza do Correxidor. O levar o nome de don Ramón fainos, a profesorado e alumnado, cada día un pouquichiño máis oterianos. Que honra para nós!
A actividade enmarcouse nunha máis ampla, o roteiro do Grupo Nós, elaborado polo mesmo alumnado e dirixido pola profesora Elvira Moroño. Traballazo dos nosos rapaces e rapazaS que deu como resultado esta chulada de actividade!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Alumnado de Humanidades de 1º BAC participou, xunto con outros oito institutos galegos, na viaxe a Italia organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos.
Foron oito días marabillosos, cheos de emocións e de moita aprendizaxe, nos que visitaron os principais lugares de Roma e saborearon o ambiente da cidade eterna; chegaron ata Capua, Nápoles, Pompeia e Herculano, Cumas e a menos coñecida e espectacular Pozzuoli.
Ao regreso, as súas caras sorrintes e algunhas bágoas pola separción das novas amizades eran a proba de que os esforzos das súas familias, da organización, dos centros, pagaran a pena.
Unha viaxe inesquecible.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
A cidade portuguesa do Porto foi o destino escollido por 3º ESO para a súa viaxe de fin de curso.
Pasaron un día no parque de aventura máis grande da península, Diverlanhoso; visitaron o Porto cunha magnífica guía que lle foi mostrando todos os recunchos e segredos desta cidade; coñeceron a preciosísima librería Lello, a Casa da Música, o Palacio da Bolsa e, como non, fixeron o paseo en barco polo Douro. O último día, foi toda unha sorpresa a derradeira das visitas: o World of Discoveries, un museo interactivo inspirado nas viaxes dos portugueses que lle encantou á rapazada!
IES OTERO PEDDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Canto gozou o alumnado de 2º ESO na súa viaxe de fin de curso! Foron 5 días intensos nos que visitaron a neocova de Altamira, Santillana del Mar, Santander, as covas do Soplao, Potes, Covadonga, Cangas de Onís, Llanes e, incluso á volta, aproveitando a baixamar, disfrutaron da beleza da praia das Catedrais.
Cinco días de aventura, natureza, cultura e, tamén moi importante, convivencia. Toda unha experiencia. Eles mesmo resumiron a súa viaxe neste pequeno vídeo que vos invitamos a ver.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDAD