A cor, o brillo, o baile, a música, a alegría... inundaron onte o IES Otero Pedrayo. Había ganas de festa e o entroido nunca defrauda!
Desde primeira hora e ata o lecer, os 6 grupos de 1º BAC pelexaron polo primeiro posto nas batallas de coreografías, cun nivel que nos deixou a todos e a todas coa boca aberta.
Despois do lecer, comezou o gran concurso-desfile da ESO, no que participaron TODOS os grupos con dramatizacións, bailes etc. É de destacar o valor que ten que cada clase acorde o seu disfraz, a música, a coreo...; é fundamental saber negociar, saber ceder, chegar a consensos... e o noso alumnado é especialista niso.
Ademais, este ano como novidade e prato forte, gozamos cunha macro coreografía da ESO na que participaron máis de 150 alumnos e alumnas. Foi ES PEC TA CU LAR.
Mil parabéns, Pablo Fernández Valencia, Anxo Cid Corbillón, do departamento de Educación Física, polo impresionante traballo realizado co noso alumnado, pola perfecta organización e sobre todo, polo voso entusiasmo.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.