Skip to Content

NO OTERO, QUERÉMONOS

Querémonos e demostrámolo! Hoxe tivemos reparto de poemas de amor, seleccionados e preparados con todo o mimo polo equipo da biblioteca; flores e pulseiras IMPRESIONANTES feitas polo noso alumnado, cunha decoración que namoraba; tamén repartirmos caramelos e bombóns... Rimos, emocionámos e gozamos querendo e sabéndonos queridos e queridas.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

11F, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Educando en igualdade; fomentando vocacións científicas nas nosas nenas.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PLÁSTICA CASTREXA

O alumnado de 1º BAC Humanidades, así como o de 3º e 4º ESO de Latín e Cultura Clásica tiveron a oportunidade de visitar na sala AFundación de ABanca toda a plástica castrexa do Museo Arqueolóxico Provincial. Que marabilla poder coñecer a nosa riqueza patrimonial!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

RIQUEZA INTERXERACIONAL

Unha actividade ben bonita se está preparando no IES Otero Pedrayo... A próxima semana mostraremos o resultado.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ADMISIÓN CURSO 2024-25

Información correspondente ao proceso de ADMISIÓN para o curso 2024-25:

OLIMPÍADA DE FILOSOFÍA

Tres alumnas de 1º BAC do IES Otero Pedrayo participaban o pasado venres, 20 de xaneiro, na última edición da Olimpíada filosófica, celebrada na facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. Un ano máis, foi un lugar de encontro para o alumnado que desexa facer do exercicio do pensamento libre non só unha obriga escolar, senón máis ben unha forma de vida.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VISITA AO PARLAMENTO GALEGO E Á XUNTA DE GALICIA.

A pasada semana, a través do programa "Coñece as túas institucións", o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer o parlamento galego e a Xunta de Galicia mediante unha visita guiada ás diferentes estancias e con explicacións do funcionamento interno de ambas institucións.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo participou nas tertulias literarias organizadas pola Concellaría de Educación do Concello de Ourense.
Despois de dous encontros con alumnado doutros centros de ensino da provincia, o pasado martes, 24 de xaneiro, os rapaces e rapazas de 4º ESO e 1º BAC tiveron un encontro con LEDICIA COSTAS, autora de Golpes de luz, novela escollida para esta edición.
Que gustazo ver a tanta mocidade que, de xeito voluntario se apunta a ler e compartir opinións con compañeiros, compañeiras e coa propia escritora!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

"MORE THAN HUMAN" e STEVEN MEISEL

O departamento de Tecnoloxía organizoulle ao alumnado de bacharelato unha excursión ben completa á Coruña! Visitaron o ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial "More than Human", que deixou aos rapaces e rapazas coa boca aberta. E, por se non fora suficiente, aínda visitaron a exposición fotográfica do gran Steven Meisel, Steven Meisel 1993 a Year in Photographs; un percorrido por un dos anos clave do fotógrafo, no que destaca a súa intensa colaboración con Vogue, para a que chegou a asinar 28 portadas e máis de 100 editoriais. Todo un luxo de viaxe!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

VACINAS CONTRA O CANCRO

A semana pasada, o alumnado de 1º BAC D e E, así como o de Bioloxía de 2º BAC, puido asistir a unha interesante charla, "Vacinas contra o cancro", centrada neste tipo de inmunoterapia que fortalece as defensas naturais do corpo contra o cancro e deseñada para usala en persoas que xa teñen algún tipo de tumor.
Charla ben interesante.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut