Skip to Content

ALLARIZ

 

Allariz foi o destino escollido polo alumnado de 4º ESO Economía. A semana pasada viaxaban a esta vila para coñecer o seu proxecto económico, visitar o Festival Internacional de Xardíns e tamén o Rexo: a aula mediambiental, a granxa e a queixería. Rematou a visita ás beiras do Arnoia, xusto no pontillón onde foi gravada unha das escenas máis bonita d´A lingua das bolboretas. O broche non puido ser mellor.

 

 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

ILLAS CÍES

 

O alumnado de 3º ESO puido gozar a semana pasada da natureza e da inmensidade do Océano Atlántico visitando as Illas Cíes.
Realizou a ruta de sendeirismo máis longa, a Ruta do Faro de Cíes, cunhas vistas dunha beleza espectacular. Antes de coller o catamarán de volta, non perdeu a oportunidade de gozar da praia de Rodas, considerada no 2007 polo diario británico The Guardian como a mellor praia do mundo.
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CONVIVENCIA DEPORTIVA en PATOS

Xornada de convivencia deportiva para o alumnado gañador dos concursos de baile e disfraces do Entroido.
Durante todo o día, na praia de Patos, aprendemos a surfear, xogamos ao volei praia, palas, frisbee, fútbol praia...; en definitiva, aprendemos a pasalo ben de maneira saudable nunha contorna natural.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CINEMAPALLEIRISO en CHANTADA

 

O pasado luns, o alumnado de 1° e 2° da ESO do IES Otero Pedrayo viaxaba a Chantada para coñecer o Cinema Palleiriso de Anxo Moure. Proxeccións nunha palleira, clases de malabarística, comida en Carballolandia, baños de bosque e un xeado en Belesar foron as actividades que tanto lles prestaron nunha xornada que conxugou educación cultural e ambiental.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O OTERO, DE CINE

Por segundo ano consecutivo, o departamento de Tecnoloxía organizou o II Festival de Curtas do Otero Pedrayo. O alumnado puido visionar as curtas, votar ás gañadoras a través dun código QR e no festival de fin de trimestre, déronse os galardóns ás tres gañadoras. Parabéns a todos e todas as participantes por ese derroche de talento e creatividade, en especial, aos creadores das curtas gañadoras: Breogán Graña; Damián Zayas e Sebastián Rodríguez; Elías González Docampo e Héctor Pérez Vicente.

Parabens ara Ángeles González de Mena, profe de Tecnoloxía que fai posible este festival.ç

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

RECOÑECEMENTO ALUMNADO STEMBACH

 

A Universidade de Vigo recoñeceu este luns o esforzo e dedicación das 101 alumnas e alumnos de 13 institutos de toda Galicia, entre eles o IES OTERO PEDRAYO, que elixiron a Universidade de Vigo para participar no Bacharelato de Excelencia STEMBach 2022. A entrega de diplomas celebrouse no paraninfo do edificio Ernestina Otero e estivo presidida polo reitor en funcións, Manuel Reigosa.

 

Alí estivo o noso alumnado, acompañado do coordinador do STEMBACH Juan Luis Neira. Parabéns
Deixámosvos a relación de traballos presentados e defendidos polo noso alumnado de STEM, promoción 2020-22.
 
 

 

VOLTA AO MUNDO EN FRAUTA

Magnífica a volta ao mundo en frauta que o noso compañeiro de Lengua Pedro Martín Lucas nos fixo o venres pasado. Que luxazo para o IES Otero Pedrayo! Mil grazas, Pedro.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DESPEDIDA DA LECTORA DE INGLÉS

 

Co final de curso, chegan as despedidas. Neste caso, foi a da nosa lectora de inglés, Lorena Terroba Urruchúa, que a semana pasada lle dicía un "ata logo" ao Otero Pedrayo.
Mil grazas, Lorena, pola túa disposición, o teu traballo e a túa alegría. Foi un pracer.

TERTULIAS LITERARIAS

 

O pasado xoves, o IES Otero Pedrayo participaba, xunto con outros centro da cidade, nas Tertulias Literarias organizadas pola Concellaría de Educación do Concello de Ourense.
Nesta ocasión, o libro escollido foi El río baja sucio, de David Trueba, e o encontro co escritor foi ben interesante. Libro moi, moi recomendado.
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CONCURSO "QUEN VÉN SENDO FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN?"

 

A coordinadora do EDNL do Otero Pedrayo, Elvira Moroño, facía onte entrega dos premios ás gañadoras do concurso "Quen vén sendo Florencio Delgado Gurriarán?, convocado polas Letras Galegas 2022. Sabela Oterino Baltar, de 2º BAC C e Irene González Bóveda, de 1º ESO B foron as afortundas. Parabéns.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE. 
Distribuir contido


by Dr. Radut