Skip to Content

EXPOSICIÓN ABSTRATOM

Dende o 11 de maio, de 18.00h a 20.00h, estará de novo aberta ao público a exposición pictórica Abstratom, da que onte se facía eco La Región e Telemiño.
Sonia Hernández, Seo e Manuel S. Seco expoñen desde diferentes perspectivas pictóricas, a súa visión da arte abstracta a través de 15 obras vangardistas.
Ven visitar Abstratom!

 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MAIOS

Grazas á sempre colaboradora ANPA do IES Otero Pedrayo e ao noso fabuloso EDL, un ano máis, tivemos maio no centro. As coplas para acompañalo fíxoas a rapazada da ESO; coplas magníficas nas que analizaron de xeito satírico a nosa sociedade, coplas coas que se divertiron facendo as rimas, coplas coas que aprenderon...
Que importante é manter vivas as nosas tradicións!
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MULLERES E CIENCIA

O pasado venres, a doutora en Física da Universidade do Porto, Laura Campo, ex- alumna do IES Otero Pedrayo, visitaba o noso centro para falarlle á rapazada de 3º da ESO do papel que a muller ten no mundo científico na actualidade. Foi unha charla amena e moi, moi interesante.
A actividade enmárcase dentro do proxecto de innovación educativa Plan Proxecta "Por 365 día de respecto e igualdade".

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ABSTRATOM 3

Este é o nome da exposición pictórica que onte inauguramos no IES Otero Pedrayo.
Sonia Hernández, Seo e Manuel S. Seco son os autores destas 15 obras de arte que lucirán no noso centro ata o martes, 17 de maio. Hoxe pola tarde estivo aberta ao público e tamén o estará o vindeiro xoves, 11 de maio. Non perdades a oportunidade de vela porque non puido quedar máis bonita!
Grazas, artistas, por regalarnos tanta beleza.
 

ABRIL OTERIANO

O IES Otero Pedrayo, membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, participou o pasado sábado na sétima edición do "Abril Oteriano", coincidindo co 47 aniversario do pasamento do patriarca das nosas letras.
A Vicedirectora do centro, Olga Quintana, presentou a Armando Requeixo, que nos falou da relación entre Otero Pedrayo e Ánxel Fole. Tamén puidemos escoitar a Victoria Carballo-Calero falando da obra pictórica "O souto dos gatos", que Castelao regalou a don Ramón; a Antón Palacios dando noticias sobre o segundo "Libro dos amigos" de Otero e, pechando a xornada, a Xesús Alonso Montero, que se centrou nun canto elexíaco de Otero Pedrayo polo Seminario de Estudos Galegos.
O acto estivo presidido polo director xeral de cultura, Anxo Lorenzo, acompañado polo presidente e a secretaria da Fundación, Eduardo López e Patricia Arias, e contou coa presenza de diversas autoridades políticas e académicas.
Unha honra para o noso centro termos participado nesta xornada cultural. Por moitos anos de Abril Oteriano!

ENERXÍA RENOVABLE MARIÑA

O doutor Gael Verao Fernandez, investigador Post-doutoral de Aalborg University, deu unha conferencia sobre Enerxías Mariñas Renovables ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Esta versou, principalmente, sobre a utilización da enerxía das ondas do mar para producir enerxía electrica, como resposta á crecente demanda de enerxía do mundo occidental. Este tipo de enerxía é renovable e con moitas posibilidades de desenvolvemento na nosa comunidade; e pode ser unha alternativa válida para substituir as fontes de enerxía non renovables como o carbón ou o petróleo, ou incluso o gas natural.
Gael Verao#innovation,#OpenScience,#H2020#MSCA#ISLINTON

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Calendario fin de curso 2022-23

As datas de remate da actividade lectiva, entrega de notas e prazos de revisión de ESO e Bacharelato pódense consultar neste documento e o calendario de exames extraordinarios de (1º, 2º e Pendentes 1º) Bacharelato que terán lugar os días 19, 20 e 21 xuño atópase neste enlace.

OLIMPÍADA DE MATEMÁTICAS

Iago Bautista, Samuel Rodríguez, Noa Carnero e Rodrigo Martínez, de 2º ESO, participaban onte na Olimpíada Matemática celebrada no CFR de Ourense. Foi unha mañá de números... e diversión! Parabéns!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SEMANA DO LIBRO

Na semana do libro, foron moitas as actividades impulsadas desde a biblioteca: concurso de marcapáxinas e impresión do gañador para agasallar ao alumndo da ESO, "citas a cegas cun libro", mercadiño de troco de libros etc. Que non nos falten nunca os libros!

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

LUGO

O pasado mércores, un grupo de 4°ESO visitaba a cidade de Lugo a través do Proxecto de innovación educativa Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Fixo unha visita guiada á Muralla romana, ao Barrio das Tinerías, ao Museo Provincial e á Casa dos Mosaicos. Xa pola tarde, visitou o Edificio Impulso Verde, prototipo de edificio público feito integramente con madeira galega e criterios de sustentabilidade. Inda houbo tempo para a comida arredor da Praza Maior e unha partida de xadrez humana.
Cónstanos que todos aprenderon e disfrutaron.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut