Skip to Content

DÍA DAS AVES

 

Co lema "A saúde das aves é a saúde dos ecosistemas. Se é bo para as aves, é bo para ti", o Otero Pedrayo uniuse hoxe á conmemoración do Día das aves.
O noso alumno de 1º ESO, Guillerme Mioño Pazos, preparou unha estupenda presentación centrada nas aves da nosa contorna e, a continuación, os diferentes grupos de 1º foron saíndo ata o Xardín do Posío para gozar dunha magnífica visita ornitolóxica na que nos explicou diferentes características das aves que viven ao noso carón, fixemos un xogo de búsqueda de niños, démoslle de comer aos paxaros e acabamos colocando unha casa-niño nunha das árbores (casiña feita por el, por certo!).
Grazas a Guille Mioño por unha iniciativa tan bonita, tan traballada e tan necesaria. Orgullosos do noso alumnado.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EDUCACIÓN CÍVICO- TRIBUTARIA

Co obxectivo de transmitirlle ao noso alumnado valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e contrarios ás condutas defraudadoras, os nosos rapaces e rapazas de Economía de 1º BAC asistían onte no Paraninfo do IES Otero Pedrayo a unha charla sobre educación cívico- tributaria, impartida polo profesor de Economía Aplicada Alberto Vaquero. Grazas á Universidade de Vigo, Campus de Ourense, por brindarnos estas oportunidades.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

APERTURA DO XIII PLENO DO CONSELLO DE COMUNIDADES GALEGAS

O IES Otero Pedrayo de Ourense acollía o pasado venres o acto de apertura do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

 

O director do centro, D. Daniel Lorenzo Valdivieso, recibía do presidente da Xunta, D. Alfonso Rueda, unha placa na que se recoñece o noso centro como "berce e fonte de coñecemento e galeguidade". Todo unha honra.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CURSO CAPACITACIÓN DIXITAL

 

Bo día:
Achegamos información sobre o curso de alfabetización dixital que se vai desenvolver no noso centro a partir do 3 de outubro. Está dirixido a persoas que non pertenzan ao sistema educativo e formativo formal (xubilados/as, parados/as, traballadores/as) e non posúan competencias dixitais básicas.

Pedímosvos que, na medida do posible,  lle deades publicidade e, se coñecedes a alguén que cumpla os requisitos anteriores e estea interesado/a, se poña en contacto co centro. O curso ten certificación oficial, é gratuíto e será impartido polo  departamento de Tecnoloxía. 

Grazas de antemán.

ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

HORARIOS GRUPOS CURSO 2023/2024

PRESENTACIÓN ALUMNADO COMEZO DO CURSO 2023/2024

 

As presentacións terán lugar no Paraninfo do Centro o luns día 11 nos seguintes horarios:

1º ESO: 12:00

2º ESO: 11:30

3º ESO e 4º ESO: 13:00

1º Bacharelato: 10:30

2º Bacharelato: 11:00

Adultos: 18:00

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA CURSO 2023/24

Aberto prazo extraordinario de matrícula ESA e Bacharelato de Adultos

Do 1 ao 20 de Setembro do 2023

 

ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

LIBROS DE TEXTO 2024/2025

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

ALGUNHAS MATERIAS OPTATIVAS PODEN CHEGAR A NON IMPARTIRSE. EN CASO DE DÚBIDA AGARDAR A PRINCIPIO DE CURSO PARA MERCAR OS LIBROS

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

3ºESO PDC

4º ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

MEMORIA FINAL ACTIVIDADES DO CENTRO CURSO 2022-23

Memoria final das actividades realizadas no Centro ao longo do presente curso 22-23.

Fai clic na imaxe para acceder ao documento.

 

MATRÍCULA CURSO 2024/25

 

Aberto prazo de matrícula ESO, Bacharelato e Adultos

Do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024

 

ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Distribuir contido


by Dr. Radut