Skip to Content

ABRIL OTERIANO

O IES Otero Pedrayo, membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, participou o pasado sábado na sétima edición do "Abril Oteriano", coincidindo co 47 aniversario do pasamento do patriarca das nosas letras.
A Vicedirectora do centro, Olga Quintana, presentou a Armando Requeixo, que nos falou da relación entre Otero Pedrayo e Ánxel Fole. Tamén puidemos escoitar a Victoria Carballo-Calero falando da obra pictórica "O souto dos gatos", que Castelao regalou a don Ramón; a Antón Palacios dando noticias sobre o segundo "Libro dos amigos" de Otero e, pechando a xornada, a Xesús Alonso Montero, que se centrou nun canto elexíaco de Otero Pedrayo polo Seminario de Estudos Galegos.
O acto estivo presidido polo director xeral de cultura, Anxo Lorenzo, acompañado polo presidente e a secretaria da Fundación, Eduardo López e Patricia Arias, e contou coa presenza de diversas autoridades políticas e académicas.
Unha honra para o noso centro termos participado nesta xornada cultural. Por moitos anos de Abril Oteriano!


story | by Dr. Radut