Skip to Content

Dirección

PRESENTACIÓN: O LIBRO DAS MARABILLAS

Este venres, no Otero Pedrayo. Todo un luxo!

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

BO NADAL

 

APERTURA DO XIII PLENO DO CONSELLO DE COMUNIDADES GALEGAS

O IES Otero Pedrayo de Ourense acollía o pasado venres o acto de apertura do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

 

O director do centro, D. Daniel Lorenzo Valdivieso, recibía do presidente da Xunta, D. Alfonso Rueda, unha placa na que se recoñece o noso centro como "berce e fonte de coñecemento e galeguidade". Todo unha honra.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ABRIL OTERIANO

O IES Otero Pedrayo, membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, participou o pasado sábado na sétima edición do "Abril Oteriano", coincidindo co 47 aniversario do pasamento do patriarca das nosas letras.
A Vicedirectora do centro, Olga Quintana, presentou a Armando Requeixo, que nos falou da relación entre Otero Pedrayo e Ánxel Fole. Tamén puidemos escoitar a Victoria Carballo-Calero falando da obra pictórica "O souto dos gatos", que Castelao regalou a don Ramón; a Antón Palacios dando noticias sobre o segundo "Libro dos amigos" de Otero e, pechando a xornada, a Xesús Alonso Montero, que se centrou nun canto elexíaco de Otero Pedrayo polo Seminario de Estudos Galegos.
O acto estivo presidido polo director xeral de cultura, Anxo Lorenzo, acompañado polo presidente e a secretaria da Fundación, Eduardo López e Patricia Arias, e contou coa presenza de diversas autoridades políticas e académicas.
Unha honra para o noso centro termos participado nesta xornada cultural. Por moitos anos de Abril Oteriano!

GRADUACIÓN 4º ESO

 

Hai momentos vividos no Otero ben especiais! Un deles foi a graduación do alumnado de 4º ESO. A lembranza dos catro anos no centro estivo cargada de maxia, emotividade, risos e algunha que outra bágoa. Agora pecha etapa unha xeración que xa ten impresa unha pegada ben fonda no noso centro; unha xeración que sacou adiante todos os retos que se propuxo; unha xeración que ten por diante un futuro prometedor. Que orgullo de alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PLACA DE HONRA DA ORDE CIVIL DE AFONSO X O SABIO

 

O director do IES Otero Pedrayo, D. Daniel Lorenzo Valdivieso, viaxaba onte a Madrid para recoller a "Placa de honra da orde civil de Afonso X O Sabio", outorgada por orde ministerial o 13 de xaneiro do presente ano.
A ministra de Educación e Formación Profesional, Dª. Pilar Alegría, fixo entrega deste recoñecemento na sede do Ministerio de Educación.
Desde o IES Otero Pedrayo queremos expresar o noso máis profundo agradecemento. É toda unha honra.
 
ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

GRADUACIÓN 2º BACH

Non hai acto que lle guste máis ao noso alumnado que o da tan ansiada graduación. E chegou! O xoves pasado, no Auditorio de Ourense, houbo música en directo, bailes, discursos, recoñecementos, bandas, diplomas... e, sobre todo, houbo moita emotividade, moita ilusión, moita alegría.
Que nesta nova etapa que o noso alumnado enceta, o vento lle sopre sempre ao seu favor. Nós quedamos co mellor de cada un. Esta foi, é e será sempre a súa casa.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MATRÍCULA ABAU 2022. INFORMACIÓN.

PRAZO ABERTO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS PARA PARTICIPAR NOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

Acceso a orden (clic aquÍ)

Distribuir contido


by Dr. Radut