Skip to Content

NAS TERRAS DOS QUERQUENNOS

O pasado xoves, un afoutado grupo de alumnas e alumnos do IES Otero Pedrayo adentrouse nas terras dos Querquennos, sen medo á choiva, con ansia de coñecer máis sobre o noso pasado romano.
Alí acolleunos Eva, no Centro de Interpretación, onde aprendemos como era facer unha viaxe no séc. I d.C., época na que se construíu o campamento romano que albergaba, segundo os últimos estudos, unha cohorte da Legio VII Germina. Tamén houbo tempo de que o equipo das Venus vencese ao das Artemisas no xogo da Via Nova.
Achegámonos ao campamento e puidemos ver os últimos avances nas excavacións, o praetorium, aínda que a choiva foi repentinamente a máis e impediunos ver con detallo o traballo dos arqueólogos que tiveran que parar de traballar.
En Santa Comba agardábanos a señora Isabel para explicarnos este tesouro do noso patrimonio, construído con cachos do campamento romano: había que aproveitar o material!
Unha viaxe moi interesante! Grazas ao Departamento de Grego e á incansable Ana Gloria pola súa organización.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

AUXILIARES DE CONVERSA

O pasado luns, 16 de outubro, as xefas dos departamentos de linguas estranxeiras, Susana Iglesias e Belén P. Yáñez, acompañadas das nosas asistentas de linguas Shanieya Harry (inglés) e Salomé Martín (francés) asistían á presentación oficial dos auxiliares de conversa en Santiago de Compostela.

 

Alí recibiron a benvida do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e puideron intercambiar experiencias con outros compañeiros e compañeiras dos programas de apoio e reforzo ás linguas estranxeiras.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Entrega de notas da 1ª Avaliación

  

ESO: XOVES, 21 DECEMBRO

1º BACHARELATO: MÉRCORES, 13 DECEMBRO

2º BACHARELATO: MÉRCORES, 22 NOVEMBRO

Os boletíns de notas entréganos os titores/as ao longo da mañá. Tamén se envían por ABALAR

SEMANA DAS ESCRITORAS

Esta semana celebramos o Día das escritoras no Otero Pedrayo, coa lectura das nosas escritoras durante o proxecto lector. Ademais, tivemos presentación sobre a efeméride, exposición de libros no corredor da biblioteca e unha magnífica exposición sobre a primeira poeta da literatura occidental da que conservamos poemas: Safo.
Unha vez máis, grazas ao equipo da biblioteca.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MUSEO PEDAGÓXICO DO IES OTERO PEDRAYO

Como cada ano, o novo alumnado do centro (1º ESO e 1º BAC) fai unha visita guiada ao noso museo pedagóxico co fin de coñecelo e poñelo en valor, algo fundamental para que logo sexa respectado e valorado.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

CLUBE DE LECTURA AFOUTEZA

O club de lectura para as familias, docentes e persoal non docente do Otero Pedrayo botou a andar un ano máis. E que primeiro encontro máis fantástico tivemos o pasado luns! Grazas ao equipo da Biblioteca por tanto traballo e tan ben feito.
Se facedes clic na imaxe podedes acceder ao blogue da Biblioteca

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CAMIÑANDO A OTERO PEDRAYO...

Trasalba, Prisca, Bóveda, Abruciños, Fontefría, Formigueiro, Albeiros... son só algúns dos lugares que o alumnado de 2º STEMBAC recorreu a semana pasada, camiñando polas terras de Otero Pedrayo, aquelas que o patriarca das nosas letras evocou no poema "Bocarriberira: herdade, souto, laxe", incluído no poemario `Bocarribeira. Poemas para ler e queimar´.
A actividade está enmarcada dentro do traballo de investigación sobre a paisaxe oteriana que unha das alumnas está a elaborar para o bacharelato de excelencia.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Contacto Titorías e Profesorado 2023-24

Horas de atención a familias e correo electrónico de titores/as e profesorado no presente curso 2023-24.

É recomendable solicitar cita previa mediante os propios alumnos/as ou no teléfono do centro: 988220247

Contacto TITORÍAS

Contacto PROFESORADO

XANTAR DE PROMOCIÓN

Que alegría ver a promocións que pasaron polo noso centro e que, despois de tantos anos, se seguen xuntando para celebrar que seguen a ser familia Otero Pedrayo! E fano, ademais, con esta alegría... Este ano temática "Vacaciones en el mar"!
Orgullosxs do noso ex-alumnado!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

A DOBRAXE EN GALEGO. UN MODELO DE NORMALIZACIÓN.

Que charla tan interesante tivo hoxe o noso alumnado de 1º BAC TIC sobre a dobraxe en galego como axente normalizador! Canto nos fixo reflexionar...
Grazas a AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais Independentes) por ofrecernos a actividade.
Grazas a Chema Gagino, da produtora Recrea Films, por ese documental tan nu e tan claro sobre o que é ser actor ou actriz de dobraxe. Grazas, tamén, pola posterior charla, tan amena e tan necesaria.
Que importante é escoitar produtos audivisuais de todo o mundo na nosa lingua...

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut