Skip to Content

LETRAS GALEGAS I

Todo o ano están as letras galegas no Otero Pedrayo pero, estes días, con moiiiiiiiiita máis intensidade.
Onte mesmo xogamos con elas, a través do noso concurso- exposición; escoitámolas, co escritor Pedro Feijoo e, ata as comemos!, nunha riquísima sopa de letras cociñada polo Departamento de Dinamización Lingüística (sobra dicir que quedou a pota limpa!)

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

O pasado venres, o director do IES Otero Pedrayo, Daniel Lorenzo Valdivieso, viaxaba a Santiago para acompañar ao noso exalumno Adrián Vázquez Velasco no acto de entrega dos premios extraordinarios de educación galega.
Adrián, que xa obtivera o premio extraordinario na súa etapa da ESO, recibiu agora das mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o Premio extraordinario de Bacharelato do ano 202. Mil parabéns, Adrian. Premio extraordinario para un alumno extraordinario.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

INTERCAMBIO FRANCIA

O alumnado de Francés de 3º de ESO viaxou a Francia no marco do programa de intercambio Galimiens (7 días), que se viu complementado coa visita cultural e turística a París (3 últimos días).
Foi toda unha experiencia de convivencia e aprendizaxe, con asistencia ás aulas cos compañeiros e compañeiras franceses, actividades diversas (como a entrevista co campión do mundo de baloncesto Javier Beirán) e visitas guiadas da vila de Saint-Quentin, considerada un referente do estilo Art-Déco e punto estratéxico de relevancia tanto na Primeira coma na Segunda Guerra Mundial.
Ademais de mellorar as súas competencias en lingua francesa, este intercambio permitiulle ao noso alumnado coñecer modos de vida diferentes dos propios (horarios, costumes, gastronomía, vida escolar...) e tamén disfrutar dos lugares máis emblemáticos da fermosa Cidade da Luz.
A segunda parte desta actividade terá lugar entre o 23 e o 30 de maio, datas nas que as familias do noso alumnado acollerán nas súas casas aos seus "correspondants" franceses. Todos nós estaremos tamén encantados de recibilos no Instituto.
 
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CURRICULO MATERIAS OPTATIVAS 3º E 4º ESO E 1º E 2º BACH

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023- 2024

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

Orde do 10 de maio do 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B).

prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 20 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

 

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica  empregando a aplicación informática: fondolibros.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

Pode optar o alumnado que cumpla os seguintes requisitos:

a) Ter rematados os estudos de Bacharelato no curso 2022-23 e ter sido proposto para título na convocatoria ordinaria.

b) Ter unha media igual ou superior a 8,75 no bacharelato.

Toda a información atópase no portal Edu Xunta e neste DOGA.

O prazo de matrícula remata o 25 de maio

 

QUEN VÉN SENDO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?

Hoxe o alumnado do Equipo de Lingua montou a Exposición/Concurso das Letras Galegas "Quen vén sendo Francisco Fernández del Riego", o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Os 10 carteis realizados polos alumnos do @iescastelao IES Castelao de Vigo achégannos información sobre este "obreiro do galeguismo". Tedes as normas para participardes neste mesmo taboleiro ademais de nas aulas. Animádevos a participar! Estamos seguras de que será unha experiencia na que aprenderedes e vos divertiredes! E haberá premios, abofé !

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

GALICIENCIA

Pablo Conde, alumno de 4º ESO, co seu semáforo feito con leds e activado por unha placa de arduino, foi seleccionado para o Galiciencia 2023. Puido gozar de tres días na Tecnópole onde conviviu con inventos e compañeiros/ compañeiras de toda Galicia, ademais de participara en varias actividades, como a do simulador de voo. Toda unha experiencia.
Grazas ao éxito de Pablo, compañeiros de 2º ESO tamén visitaron Galiciencia e puideron ver a exposición dos 51 proxectos da edición actual, participaron no obradoiro "A conquista da atmosfera" ou asistiron á charla "Ata o infinito... e máis aló". Tamén lle ensinaron ao noso alumnado a facer vórtices toroidales ou lles explicaron por que voan os avións. O máis emocionante foi a entrega de premios!
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

TERTULIAS LITERARIAS

Se algo nos gusta no Otero, é ler e compartir lecturas. É por iso que nunca perdemos a oportunidade de participar nas tertulias literarias organizadas desde a Concellaría de Educación no Liceo.
Esta semana, 29 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BAC participaron nas de castelán, comentando a novela de Isaac Rosas, Lugar seguro.
É unha das nosas actividades preferidas: ler e compartir. Que máis se pode pedir?
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EXPOSICIÓN ABSTRATOM

Dende o 11 de maio, de 18.00h a 20.00h, estará de novo aberta ao público a exposición pictórica Abstratom, da que onte se facía eco La Región e Telemiño.
Sonia Hernández, Seo e Manuel S. Seco expoñen desde diferentes perspectivas pictóricas, a súa visión da arte abstracta a través de 15 obras vangardistas.
Ven visitar Abstratom!

 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut