Skip to Content

INTERCAMBIO FRANCIA

O alumnado de Francés de 3º de ESO viaxou a Francia no marco do programa de intercambio Galimiens (7 días), que se viu complementado coa visita cultural e turística a París (3 últimos días).
Foi toda unha experiencia de convivencia e aprendizaxe, con asistencia ás aulas cos compañeiros e compañeiras franceses, actividades diversas (como a entrevista co campión do mundo de baloncesto Javier Beirán) e visitas guiadas da vila de Saint-Quentin, considerada un referente do estilo Art-Déco e punto estratéxico de relevancia tanto na Primeira coma na Segunda Guerra Mundial.
Ademais de mellorar as súas competencias en lingua francesa, este intercambio permitiulle ao noso alumnado coñecer modos de vida diferentes dos propios (horarios, costumes, gastronomía, vida escolar...) e tamén disfrutar dos lugares máis emblemáticos da fermosa Cidade da Luz.
A segunda parte desta actividade terá lugar entre o 23 e o 30 de maio, datas nas que as familias do noso alumnado acollerán nas súas casas aos seus "correspondants" franceses. Todos nós estaremos tamén encantados de recibilos no Instituto.
 
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.


story | by Dr. Radut