Francés |
O alumnado de francés de 3ºESO participou no concurso de “affiches” organizado pola APFG, resultando premiada co segundo premio na categoría de 3ºESO/ 4ºESO a alumna Sabela Nóvoa. Félicitations!!! |
|||
Nesta ligazón podes consultar a circular publicada pola Consellería de Educación para informar sobre a obtención do Diploma de estudos en lingua francesa –DELF– escolar. Estes diplomas son expedidos polo Ministerio de Educación de Francia, teñen recoñecemento internacional e validez indefinida. O nivel B1 é obrigatorio en España para obter o grao universitario. Poderán presentarse ás probas todos aqueles alumnos e alumnas que cursen estudos en centros públicos de ensino secundario de Galicia e que estuden a materia de francés. |
|||
Os gañadores das Xornadas Gastronómicas Francesas deste curso foron: |
|||
E así transcorreron as "Xornadas Gastronómicas Francesas 2016": |
|||
|
|||
O venres 15 de abril desenvolveranse na Biblioteca e no corredor as Xornadas Gastronómicas Francesas. Dende as 12:25 e até as 12:55 poderemos degustar no corredor todos os pratos elaborados; non as perdades, haberá moitos e variados pratos! |
|||
|
|||
|
|||
Día: 16 de abril Hora: 11.30-12 horas Lugar: Biblioteca e corredor No marco da Semana da Francofonía o Departamento de francés do IES do Milladoiro organiza unhas Xornadas gastronómicas ás que invitamos a participar a todo o centro. Desenvolvemento da actividade: 1.- Os alumnos e alumnas deberán escoller unha receita en francés; as receitas serán facilitadas xunto coa súa correspondente tradución (para o alumnado ou profesorado que o precise) 2.- A receita será posta en práctica na casa o día anterior, é dicir, o 15 de abril, en grupos de dúas a tres persoas. Excepcionalmente os grupos poderán estar formados por máis persoas e admítese a participación individual. 3.- O día 16 de abril encargarémonos de colocar os pratos na biblioteca á primeira hora da mañá para seren expostos e valorados polo Xurado.
|
|||
|
|||
|
|||
No mes de maio un grupo formado por 49 estudantes de secundaria, acompañados de catro profesores, procedentes de Quimper na Bretaña francesa visitaron o noso centro e participaron ao longo dunha mañá en diversas actividades comunicativas cos grupos de 2º, 3º e 4 de ESO. Previamente e, ao longo dos últimos meses, houbo unha correspondencia entre o noso instituto e o colexio de l`Aulne.
O sábado 9 de maio un grupo de alumnas do IES do Milladoiro axudaron aos seus compañeiros bretóns á resolución de dez enigmas no casco histórico de Santiago.