INFORMACIÓN SOBRE O 'DELF SCOLAIRE' EN GALICIA [CURSO 2016/2017]

Nesta ligazón podes consultar a circular publicada pola Consellería de Educación para informar sobre a obtención do Diploma de estudos en lingua francesa –DELF escolar. Estes diplomas son expedidos polo Ministerio de Educación de Francia, teñen recoñecemento internacional e validez indefinida. O nivel B1 é obrigatorio en España para obter o grao universitario. Poderán presentarse ás probas todos aqueles alumnos e alumnas que cursen estudos en centros públicos de ensino secundario de Galicia e que estuden a materia de francés.